Provincia de Lugo

provincia galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Provincia de Lugomap
Remove ads

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada[1].

Datos rápidos Localización, Capital ...

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 327 946 habitantes en 2020, tras A Coruña e Pontevedra.

Consta de 67 concellos, 11 comarcas e 9 partidos xudiciais, integrados por 1167 parroquias e 10 299 entidades de poboación.[2]

Remove ads

Xeografía

Thumb
Lugo por Francisco Coello, 1864.
Thumb
O mar Cantábrico en Burela.
Thumb
O río Sil ó seu paso pola Ribeira Sacra lucense.
Thumb
O Landro ó seu paso polo concello de Ourol.
Thumb
O encoro de Belesar no concello do Saviñao.
Thumb
Vista da praia das Catedrais, en Ribadeo
Thumb
A croa do castro de Viladonga, en Castro de Rei, é un dos miles de castros que ten a provincia.

A provincia sitúase no nordeste de Galicia, e ocupa 9.856 km². Segundo o IGE[3], no ano 2020 vivía unha poboación de 327 946 habitantes, cunha densidade de poboación duns 33,27 hab./km².

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa provincia da Coruña, ao sur coa provincia de Ourense, e ao leste, co Principado de Asturias e coa provincia de León.

A orixe da delimitación moderna parte do proxecto de prefecturas de Xosé I, na invasión napoleónica, que establecía a prefectura do Alto Miño, con cabeceira en Lugo e subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro.[2]

Rías

As rías da provincia de Lugo forman parte das Rías Altas. De oeste a leste son:

Illas

As illas máis importantes da costa lucense son, de oeste a leste:

Cabos

Entre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan:

  • Punta Roncadoira, no concello de Xove.
  • Punta de Morás, no concello de Xove.
  • Cabo de San Cibrao, no concello de Cervo.
  • Punta dos Castros, no concello de Cervo.
  • Cabo Burela, no concello de Burela.

Ríos

O principal río que a percorre é o Miño, que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra e Portugal, desembocando no océano Atlántico. Na cornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é o Sil, que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de polos canóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamada Ribeira Sacra, que abrangue o sur da provincia de Lugo e mais o norte da de Ourense.

Encoros

Hai 28 encoros na provincia, entre os que destacan:

Para unha lista completa, véxase Lista de encoros de Galicia.

Lagoas

Na provincia de Lugo hai varias lagoas situadas na Terra Chá:

Sistemas montañosos

Os sistemas montañosos máis importantes da provincia son:

Remove ads

Demografía

Concellos máis poboados

Máis información Comarcas e concellos da provincia de Lugo, Posición ...

Evolución

Gráfico da evolución da poboación da provincia dende 1900 ata 2020:

Remove ads

Patrimonio

Zonas protexidas

Na provincia de Lugo hai varias zonas protexidas, aínda que non hai ningún parque nacional nin natural.

Economía

O 50% pertence a servizos, o 34% a primaria (agricultura, gandería, silvicultura e pesca), o 11% é a construción e o 5% a industria (incluída a enerxía).[Cómpre referencia][cando?]

Comunicacións

Estradas

Ferrocarril

Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento:

Transporte aéreo

Remove ads

Comarcas

Remove ads

Concellos

As comarcas da provincia de Lugo divídense en 67 concellos (Galicia ten 313).

Galería de imaxes

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads