Daniel arap Moi
político kenyano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Daniel Toroitich arap Moi, nado en Sacho o 2 de setembro de 1924 e finado en Nairobi o 4 de febreiro de 2020, foi un profesor e político, presidente de Kenya entre 1978 e 2002.
Remove ads
Traxectoria
Nado en Sacho, no distrito de Baringo, provincia de Rift Valley, Daniel arap Moi foi criado pola súa mai Kimoi Chebii despois da morte do seu pai. Tras completar a educación secundaria, asistiu ao Teacher Training College (colexio de formación de profesores) en Kapsabet. Traballou como profesor desde 1946 ata 1955.
Moi comezou a súa carreira política en 1955, cando foi elixido Membro do Consello Lexislativo en representación da provincia de Rift Valley. Xunto a Ronald Ngala, fundou a Kenya African Democratic Union (KADU, Unión Democrática Africana de Kenya) en 1960, para enfrontarse á Kenya African National Union (KANU, Unión Nacional Africana de Kenya) dirixida por Jomo Kenyatta.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Moi Africa Institute
- State House Kenya Profile of Daniel Toroitich arap Moi
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads