Darrell Walker

From Wikipedia, the free encyclopedia

Darrell Walker
Remove ads

{{Xogador da NBA retirado |nome = Darrell Walker |imaxe = |ancho = 200 |posición = Base / Escolta |altura = 1,93 m (6 ft 4 in)

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Darrell Walker, nado o 9 de marzo de 1961 en Chicago, Illinois, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense, que adestra á Universidade de Arkansas en Little Rock. Con 1,93 m de altura, xogaba nas posicións de base e escolta.

Remove ads

Traxectoria

Xogador

Tras formarse no baloncesto universitario no Westark Community College (agora Universidade de Arkansas–Fort Smith) e na Universidade de Arkansas, Walker foi seleccionado polos New York Knicks na 12ª posición do Draft da NBA de 1983. Durante a súa etapa de dez tempadas na NBA, xogou para cinco equipos: os Knicks, os Denver Nuggets, os Washington Bullets, os Detroit Pistons, e os Chicago Bulls.

Na súa tempada coma rookie, Walker foi elixido para o primeiro equipo All-Rookie NBA de 1984, e durante a súa etapa na liga foi un dos líderes en asistencias e roubos de balón. A súa mellor tempada foi a 1989–90 cos Washington Bullets, tras facer 9.5 puntos e 8.0 asistencias por encontro. Na súa derradeira tempada na liga, gañou o título da NBA cos Chicago Bulls.

Adestrador

Walker foi adestrador principal en dous equipos, os Toronto Raptors e os Washington Wizards. Foi o segundo adestrador da historia dos Raptors, tras Brendan Malone, equipo ó que adestrou durante unha tempada e media. No ano 2000, substituíu o despedido Gar Heard en Washington, onde estivo media tempada, ata que á tempada seguinte foi substituído por Leonard Hamilton.

En marzo de 2012, Walker converteuse en adestrador asistente dos New York Knicks, onde estivo ata 2014.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads