Data de caducidade
prazo de consumo dun alimento que establece como seguro un comerciante From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En boa parte dos alimentos envasados debe indicarse na etiquetaxe o prazo que establece o fabricante durante o cal o alimento resulta seguro para o consumidor. A data límite deste prazo é o que denominamos data de caducidade.
Noutros casos, nos que non existe ese perigo sanitario, o fabricante debe indicar a data de consumo preferente, tamén chamada data de duración mínima, que expresa o período de tempo durante o cal o fabricante garante que o alimento mantén as características organolépticas propias. Neste caso preténdese informar ó consumidor de aspectos de calidade do produto, non de seguridade alimentaria.
A lexislación europea e nacional obriga a indica-la data de caducidade no caso dos produtos alimenticios microbioloxicamente moi perecederos, polo que poden supor un perigo inmediato para a saúde humana despois dun curto período de tempo.
A forma de expresa-la data de caducidade está definida polo Regulamento (UE) 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello de 25 de outubro de 2011, sobre a información alimentaria facilitada ó consumidor (DOUE L 304, de 22.11.2011) .
Debe estar indicada mediante a lenda “data de caducidade”, seguida da mesma data ou dunha referencia ó lugar onde estea impresa na etiqueta. A expresión da data de caducidade constará do día, mes e, eventualmente, ano, nesta orde.
A data de caducidade irá sempre acompañada da descrición das condicións de conservación que deben respectarse (nos circuítos de distribución e no domicilio do consumidor). Referímonos ás temperaturas de conservación (refrixeración ou conxelación) e integridade do envase.
A indicación da data de caducidade deberá estar impresa de forma clara, perfectamente lexible e ben visible. Nunca se deberán admitir produtos alimenticios nos que estea manipulada ou tapada con calquera outra marca ou etiqueta (como tal, coa etiqueta do prezo).
Fabricantes, distribuidores e inspección oficial son os responsables de que se cumpra a Norma, pero son os consumidores quen deben exercita-lo seu dereito de comprar un produto cando cumpra as súas esixencias ou de rexeitalo cando se lle negue unha información á que ten dereito.
Remove ads
Notas
A indicación das datas de caducidade ou de consumo preferente é obrigatoria para os alimentos envasados. Quérese dicir que nos alimentos non envasados (presentación habitual da carne fresca, do peixe fresco, froitas, verduras e hortalizas, conxelados a granel etc.) non teñen a obriga de indicalas.
Debe terse presente, igualmente, que o envoltorio no que se entregan estes alimentos ó consumidor (papel, bolsas plásticas etc.) non se considera envase, e polo tanto non ten por qué incluír esta información.
No caso dos moluscos bivalvos vivos (mexillón, ameixas, ostra, navalla etc.) a Norma obriga a indica-la data de envasado e permite substituí-la data de caducidade pola expresión “Estes moluscos estarán vivos no momento da súa venda”.
Canto á idioma da etiquetaxe, a Norma impón a expresa-la información obrigatoria (entre outras, o marcado de datas) en castelán, como mínimo, polo que o habitual será que a forma na que poidamos ler esta información nos produtos que adquirimos habitualmente será “Fecha de caducidade” ou “Consumir preferentemente antes del / antes del fin de”.
Remove ads
Véxase tamén
- Etiquetaxe dos alimentos
- Marcado de datas (na etiquetaxe dos alimentos)
- Onde se describen outros requisitos legais sobre a indicación da data de caducidade e os produtos excluídos da obrigatoriedade do marcado de datas.
- Data de consumo preferente
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads