Verdura

hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Verdura
Remove ads

As verduras[1] son hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta, tal e como poden ser os talos, as follas etc. e que forman parte da alimentación humana. Case todas elas son de baixo contido en graxas e calorías, representando ademais fontes de vitaminas, minerais, fibra e hidratos de carbono. A definición do que é verdura é de uso máis 'popular' que 'científico' e está suxeita a diversas interpretacións culturais. Dende un punto de vista culinario as plantas (ou os seus froitos) que non posúen un sabor doce (agás algunhas excepcións) considéranse verduras. A produción comercial de verduras é unha ponla da horticultura denominada olericultura.

Thumb
Verduras
Remove ads

Tipos de verduras

Pódense clasificar as diferentes verduras pola parte da planta dedicada á alimentación ou que é comestible; deste xeito tense que as verduras normalmente proceden de:

Por contido de hidratos de carbono

Existen nesta categoría tres grupos dependendo do contido de hidratos de carbono:

  • Grupo A (apenas): espinaca, berenxena, col, leituga, pemento, tomate e cabaza.
  • Grupo B (ata o 10% de hidratos de carbono): alcachofas, cebolas, nabos, allo porros, cabazas, cenorias e remolacha.
  • Grupo C (ata un 20%): batatas, patacas e millo tenro.
Remove ads

Orixes das verduras

Thumb
Cenorias de diferentes tipos e cores.

As principais verduras teñen a súa orixe nos diferentes continentes,[2] segundo esta distribución:

Remove ads

Cores das verduras

Thumb
Corte dun talo de apio

A cor das verduras indica o contido dalgunha substancia característica. O habitual é que predomine a cor verde debido á presenza dun pigmento natural verde denominado clorofila. A clorofila pode verse afectada facilmente polo pH das substancias da planta e por esta razón pode variar a cor dende o verde oliva que revela a existencia de medios ácidos ata o verde brillante dos medios alcalinos. Algúns dos ácidos presentes nas verduras libéranse durante a cocción, particularmente se se cocen sen tampa.

Se se observan outras cores como o amarelo/laranxa en verduras débese á presenza de carotenoides, que se ven afectados igualmente polos procesos de cociñado ou de cambios no pH.

O vermello/azul dalgunhas verduras como as remolachas débense á presenza dunha substancia química natural denominada antocianina, pigmento natural sensible aos cambios do pH. Cando o pH é neutro, os pigmentos son de cor púrpura, ao chegar a ácido póñense de cor vermella e ao chegar a un valor alcalino, azul. Todos estes pigmentos son moi solubles na auga.

Comercialización e distribución

Thumb
Variedade de verduras nun mercado de Sucre, Bolivia

A comercialización realizouse dende a antigüidade en grandes mercados na rúa, prazas e lugares públicos, onde expuñan á venda os diferentes granxeiros e agriculores dunha rexión os produtos vexetais e hortalizas procedentes da súa colleita. Os negocios de exposición adoitaban ser familiares. Nestes casos a venda das verduras dependía da estacionalidade das mesmas, das condicións climáticas, as técnicas de cultivo etc. Tan só estaba dispoñible para vender aquilo que era posible recoller en cada época do ano. Os mercados de verduras adoitaban atoparse nas proximidades dos templos e lugares de paso.

Nas grandes cidades é frecuente poder mercar as verduras nos supermercados, grandes superficies e mercados, as froitarías ou tendas especializadas na venda de verduras son máis escasas, aínda que continúan o seu labor. A verdura dentro dun establecemento exponse en caixas numeradas e correctamente identificadas.

Remove ads

Usos das verduras

Thumb
Prato de espinacas

Culinarios

Os usos culinarios das verduras son moi diversos nas diferentes cociñas do mundo:

  • Poden aparecer crúas en diversas ensaladas, aliñadas con vinagre e aceite e acompañadas cos ingredientes máis diversos. Como aperitivo na cociña francesa tómanse as crudités e en Romanía como Zacuscă, como salsa coleslaw nos sándwichs ou simplemente crúas.
  • Pódense atopar cocidas de diversos xeitos, desde as técnicas ao vapor (aconsellables para manter as súas propiedades nutritivas), pasando pola ola de presión ou simplemente escalfadas. Ás veces na cocción engádese un medio ácido (zume de limón ou vinagre) que axuda a preservar as vitaminas.
  • Prepáranse sopas quentes (potaxe ou sopa de chícharos) ou frías (gazpacho ou vichyssoise).
  • Pódense comer asadas á grella acompañadas de diferentes carnes, asadas á tixola, enfornadas sen pelar (escalivada) ou gratinadas.
  • Pódense tomar licuadas, en zume de verduras, como o zume de cenoria.

Conservas

Para poder conservar durante máis tempo a dispoñibilidade da verdura, procésanse en conservas, secas ao ar, en fermentación (como o sauerkraut da cociña alemá ou kimchi da cociña coreana), os encurtidos (cogombros en vinagre), en salgadura etc.

As verduras poden servir de acompañamento ou gornición a aos pratos principais. Poden prepararse enteiras ou cortadas en diferentes formas: en xuliana (en dedos largos), en brunoise (en pequenos dados), en chiffonade (enrólanse varias follas e córtanse en forma transversal cun grosor duns 5 mm), noissette (pequenas boliñas de polpa).

Dietas

Algunhas dietas consideran o uso único dos alimentos provenientes de froitas e verduras, como o vexetarianismo. Outra dietas que conteñen verduras como ingrediente principal son o veganismo e a dieta macrobiótica.

Algunhas gastronomías do mundo caracterízanse polo uso de verduras na maioría dos pratos e costumes culinarios como na [[gastronomía mediterránea.

Remove ads

Nutrición

Thumb

As verduras poúen un baixo contido de proteínas e de graxa, posúen baixo contido calórico: dende 20 kcal/100 g dos espárragos ata 60 kcal/100 g das fabas.[3][4] As vitaminas (xeralmente A e C) e os minerais, e a fibra (celulosa, hemicelulosa e lignina), o 80 % restante é auga, posúen cantidades de calcio entre 50–150 mg/100 g (acelgas, leituga, espinacas); a maioría dos vexetais conteñen moito potasio e pouco sodio.

As verduras son moi saudables porque achegan moitos micronutrientes que actúan sinerxicamente como antioxidantes[5] e protexen de varias enfermidades crónicas[6][7] e igualmente axudan a manter a saúde dos tecidos como pel e mucosas do corpo.

Máis información Por 100 g de produto fresco, auga g ...

Recomendacións

As verduras atópanse no segundo nivel fundamental da pirámide dos alimentos. Ademais de achegar micronutrientes, proporcionan hidratos de carbono de absorción lenta e fibra dietética. Deben inxerirse de cinco a seis porcións de verdura ao día; unha porción de verdura equivale a media cunca de vexetais verdes cociñados ou unha pataca, ou unha cenoria.

As directrices dietéticas do USDA para os estadounidenses recomendan consumir de cinco a nove porcións de froita e verdura diariamente.[8] A cantidade total consumida variará segundo a idade e o sexo e determínase en función dos tamaños de porción estándar que se consomen normalmente, así como do contido nutricional xeral. As patacas non están incluídas no reconto xa que son principalmente provedoras de amidón. Para a maioría das verduras e zumes, unha porción é a metade dunha cunca e pódese comer crúa ou cociñada. Para verduras de folla frondosa, como a leituga e a espinaca, unha porción é normalmente unha cunca chea.[9] Débese escoller unha variedade de produtos xa que ningunha froita ou verdura proporciona todos os nutrientes necesarios para a saúde.[10]

As directrices dietéticas internacionais son similares ás establecidas polo USDA. O Xapón, por exemplo, recomenda o consumo de cinco a seis porcións de verduras diarias.[11] As recomendacións francesas proporcionan pautas similares e fixan o obxectivo diario en cinco porcións.[12] Na India, a recomendación diaria para adultos é de 275 gramos de verduras ao día.[13]

Remove ads

Historia

Antes da chegada da agricultura, os humanos eran cazadores-recolectores. Buscaban froitos comestibles, froitos secos, talos, follas ou tubérculos, procuraban animais mortos e cazaban os vivos como alimento.[14] Crese que a xardinaría forestal nun claro das selvas tropicais foi o primeiro exemplo de agricultura; identificáronse especies de plantas útiles e animábase a que crecesen mentres se eliminaban as especies indesexables. A isto seguiu a reprodución vexetal a través da selección de cepas con trazos desexables como froitos grandes e un crecemento vigoroso.[15] Aínda que as primeiras evidencias da domesticación de plantas como o trigo e o orxo se atoparon no Crecente Fértil, é probable que varios pobos de todo o mundo comezasen a cultivar no período de 10 000-7000 a.C.[16] A agricultura de subsistencia continúa nos nosos días, con moitos agricultores rurais de África, Asia, América do Sur e outros lugares que utilizan as súas leiras para produciren alimentos suficientes para as súas familias, mentres que calquera produto excedente se utiliza para o troco doutros bens.[17]

Ao longo da historia rexistrada, os ricos puideron permitirse unha dieta variada que incluía carne, verduras e froitas, mais para as persoas pobres a carne era un luxo e os alimentos que comían eran aburridos, normalmente a súa comida estaba composta principalmente por produtos básicos feitos a partir de arroz, centeo, orxo, trigo, millo ou millo miúdo. A adición de materia vexetal proporcionou certa variedade á dieta. A dieta básica dos aztecas en Centroamérica era o millo e cultivaban tomates, aguacates, feixóns, pementos, cabazas, cacahuetes e sementes de amaranto para complementar as súas tortas e papas. No Perú, os incas subsistían con millo nas terras baixas e patacas a maior altitude. Tamén usaron sementes de quinoa, complementando a súa dieta con pementos, tomates e aguacates.[18]

Na antiga China, o arroz era o cultivo básico no sur e o trigo no norte, este último convertido en boliñas, fideos e filloas. Entre as verduras empregados para acompañalos incluíanse ñame, soia, fabas, nabos, cebolas e allos. A dieta dos antigos exipcios baseábase no pan, a miúdo contaminado con area que desgastaba os dentes. A carne era un luxo mais o peixe era máis abundante. Estes acompañábanse por unha variedade de verduras, incluídas fabas, lentellas, cebolas, porros, allos, ravos e leitugas.[18]

O piar fundamental da dieta grega era o pan, que acompañaban de queixo de cabra, olivas, figos, peixe e ocasionalmente carne. As verduras cultivadas incluían cebolas, allos, repolos, melóns e lentellas.[19] Na antiga Roma facíase unha espesa papa de trigo ou feixóns, acompañada de verduras mais con pouca carne e ademais o peixe non era estimado. Os romanos cultivaban fabas, chícharos, cebolas e nabos e comían as follas da remolacha en lugar das súas raíces.[20]

Remove ads

Algunhas verduras comúns

Máis información Algunhas verduras comúns, Imaxe ...
  1. Inclúe as cenorias e os nabos.
  2. Total da produción de verduras verdes e secas.
Remove ads

Produción

En 2020 o FAOSTAT estimaba que a produción total de verduras no mundo foi de 1 148 446 252 toneladas métricas, mentres que en 1961 era de 198 000 000 toneladas. A seguinte táboa amosa os 20 países cunha maior produción de verduras nese ano.[24]

Máis información Posto, País ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads