Dave Bing

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dave Bing
Remove ads

David "Dave" Bing, nado o 24 de novembro de 1943 en Washington, D.C. é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense da década dos 70, que pasou a meirande parte da súa carreira profesional nos Detroit Pistons. Nas súas doce tempadas na National Basketball Association (NBA), foi nomeado Rookie do Ano en 1967, máximo anotador da competición en 1968, MVP do All-Star Game en 1976, sendo incluído posteriormente no Basketball Hall of Fame e o seu dorsal 21 retirado polos Pistons. Entre 2009 e 2013 foi alcalde polo Partido Demócrata da cidade de Detroit.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria deportiva

Universidade

Os seus anos universitarios transcorreron en Syracuse, sendo nas tres tempadas o máximo anotador. Fixo unha media de 24,8 puntos e 10,3 rebotes. No seu último ano foi elixido no mellor quinteto nacional, e foi nomeado Atleta do Ano da súa universidade, que retirou a súa camiseta co número 22 como homenaxe.

NBA

Foi elixido en segunda posición da primeira rolda do draft da NBA en 1966 polos Detroit Pistons. Na súa primeira tempada fixo 20,0 puntos por partido, o que lle levou a conseguir o premio de Rookie (novato) do ano. Xogou en Detroit durante nove tempadas, para despois ser traspasado aos Washington Bullets. Terminaría a súa carreira profesional xogando un ano nos Boston Celtics.

Foi un dos grandes xogadores da NBA que, con todo, nunca conseguiu levar ao seu equipo ás finais do campionato, honra que comparte con xente como Bob Lanier, Pete Maravich, Connie Hawkins, Dan Issel ou Bernard King.

Remove ads

Logros persoais

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads