David Bellos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

David Bellos é un tradutor e biógrafo inglés.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Dá clases de literatura francesa e literatura comparada na Universidade de Princeton[1]. Nesa mesma universidade dirixe o programa universitario de Tradución e Comunicación Intercultural.

Traduciu obras de Honoré de Balzac, Georges Ifrah, Hélène Berr, Romain Gary, Fred Vargas e Georges Perec, incluída a súa novela La Vie mode d'emploi. Malia non falar lingua albanesa, gañou o primeiro Premio Internacional Man Booker de tradución en 2005 pola súa versión das obras do autor albanés Ismail Kadare, feita a partir das edicións previas francesas[2].

Bellos escribiu varias biografías literarias e unha introdución aos estudos da tradución, Is That a Fish in Your Ear? Translation and The Meaning of Everything (2011)[3].

Aparece no filme The Magnificent Tati, un documental sobre o director Jacques Tati[4].

Remove ads

Obra

  • Balzac Criticism in France, 1850–1900. The Making of a Reputation. Oxford, 1976
  • Honoré de Balzac: Old Goriot (Landmarks of World Literature). Cambridge: Cambridge University Press, 1987. ISBN 0-521-31634-0.
  • Georges Perec. A Life in Words, 1993. (Prix Goncourt de la biographie).
  • Jacques Tati. His Life and Art, 1999.
  • Romain Gary. A Tall Story, Harvill Secker, 2010
  • Is That a Fish in Your Ear? Translation and the Meaning of Everything, 2011.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads