David Castro Pazos

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

David Castro Pazos
Remove ads

David Castro Pazos, nado en Cuntis o 9 de outubro de 1995, é un futbolista galego que xoga como defensa no Racing de Ferrol, da Segunda División.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Formado na canteira do Pontevedra, tras rematar a súa etapa como xuvenil pasou polas filas do Portonovo SD, o Estradense e o Céltiga.[1][2]

En xuño de 2017 regresou a Pontevedra, agora como integrante do primeiro equipo, que militaba na Segunda División B.[3] Militou dous anos no club granate, disputando 66 partidos oficiais e proclamándose campión da Copa Federación.

No verán de 2019 foi traspasado ao Valencia CF, que o destinou ao seu filial, tamén de Segunda B.[4] O 6 de setembro de 2020 rescindiu o seu contrato co club valenciano e pasou ao Numancia, da mesma categoría.[5]

O 18 de xuño de 2021 fichou polo Racing de Ferrol da Primeira Federación.[6] Axiña se fixo coa titularidade e na tempada 2022/23 contribuíu con 35 partidos de liga ao ascenso do equipo á Segunda División despois de 15 anos de ausencia.[7] Debutou na categoría de prata o 12 de agosto de 2023, nunha vitoria por 0-1 ante o Elche.[8]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads