David Meca

nadador español From Wikipedia, the free encyclopedia

David Meca
Remove ads

David Meca Medina, nado en Sabadell en 1974, é un nadador catalán de longa distancia en augas abertas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

En 2005 sumaba máis de 100 títulos internacionais en probas de longa distancia en augas abertas, entre eles 28 títulos mundiais, o último dos cales foi o de campión do mundo de longa distancia en 25 quilómetros, nos Mundiais de Natación de Montreal 2005.

Estudou interpretación nos Estados Unidos e fixo pequenas incursións no mundo da interpretación e da moda.

Retos na súa carreira

  • Alcatraz: primeiro home na historia en unir a nado a Illa de Alcatraz coa baía de San Francisco, nadando con grillóns, entre tiburóns, con temperaturas extremas e fortes correntes, demostrando así que a historia sobre a imposibilidade de escapar de Alcatraz era tan só ...unha lenda.
  • Estreito de Xibraltar: conseguiu bater a marca mundial e cruzalo en tan só 2 horas e 29 minutos, en pleno mes de decembro, con ventos de levante e ondas de até 3 metros.
  • La Gomera-Tenerife: uniu as dúas illas en tan só 8 horas, nadando entre baleas.
  • Tenerife-As Palmas de Gran Canaria: ofreceu un espectáculo único, batendo todas as marcas, nadando 100 quilómetros en 23 horas e 5 minutos, unha demostración de resistencia e intelixencia, nunha loita entre o home e a soidade do océano en condicións ao límite.
  • Xàbia-Eivisa: Durante 25 horas e media, nadou os 110 km que separan Xàbia (Alacant) de Eivisa (Illas Baleares); tivo que superar os 12 °C da auga do Mediterráneo no inverno, case 14 horas sen luz natural en mar aberto, picaduras de medusas e unha contractura no brazo dereito.
  • Lago Ness: O obxectivo era poder cubrir a nado os 36 km de distancia dun dos lagos máis famosos do mundo. As baixas temperaturas obrigárono a deixar a proba cando levaba percorridos 27,5 km.
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads