Sabadell

concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia

Sabadellmap
Remove ads

Sabadell[1] (en catalán pronunciado [səβəˈðeʎ]) é un concello e cidade española da provincia de Barcelona, na comunidade autónoma de Cataluña. Tamén é a capital, xuntamente con Terrassa, da comarca do Vallès Occidental.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Thumb
Parque de Cataluña.

Con 207.338 habitantes é a quinta cidade catalá en poboación, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona e Terrassa.

Remove ads

Xeografía

Sabadell está sita a uns 20,6 km ao noroeste de Barcelona, no centro da comarca, xunto ao río Ripoll. Limita ao norte con Castellar del Vallès e Sentmenat, ao leste con Terrassa e Sant Quirze del Vallès, ao oeste con Polinyà e Santa Perpètua de Mogoda e ao sur con Barberà del Vallès, Badia del Vallès e Cerdanyola del Vallès.

Historia

A poboación naceu ó redor da capela de Sant Salvador d'Arraona no século XII. Con todo, a época dourada de Sabadell chegou no século XIX co desenvolvemento económico arredor do sector téxtil. Grazas a este desenvolvemento Sabadell acadou o título de cidade no 1877.

Demografía

A inmigración, potenciada sobre todo pola expansión industrial de Sabadell, provocou aumentos notables da poboación nas últimas décadas. O máis notable comezou nos anos 1950 e durou ata finais dos 70, cando se triplicou a poboación da cidade. A maioría dos inmigrantes procedían de diferentes zonas de España, especialmente de Andalucía, Estremadura e Murcia. A poboación da cidade aumentou tamén en varios miles os últimos anos, co aumento da inmigración extracomunitaria a Cataluña.

Gráfica de evolución demográfica de Sabadell[2] entre 1842 e 2021
     Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE.     Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE.

Entidades

Sabadell está formado por cinco entidades de poboación:

  • Sabadell.
  • San Nicolau.
  • La Salut.
  • Berard.
  • Togores.

Edificios e obras salientables

  • Casa da Vila.
  • Igrexa de Sant Feliu: obra do arquitecto Enric Sagnier i Vilavecchia (1858-1931).
  • Monumento a Sallarès i Pla: obra do escultor Josep Clarà (1878-1958).
  • Sede da Caixa d'Estalvis de Sabadell: obra do arquitecto Jeroni Martorell (1877-1951).
  • Torre de l'Aigua.

Localidades irmandadas

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads