DeMar DeRozan

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

DeMar DeRozan
Remove ads

DeMar Darnell DeRozan, nado o 7 de agosto de 1989 en Compton, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros de altura, xoga na posición de escolta.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria deportiva

Universidade

Tras participar en 2008 no prestixioso McDonald's All American Team,[1] no cal ademais logrou gañar o concurso de mates,[2] xogou unha única tempada cos Trojans da Universidade do Sur de California, na que fixo 13,9 puntos e 5,7 rebotes por partido.[3] Foi elixido coma mellor xogador do torneo da Pacific-10 Conference, tras facer 19,8 puntos no mesmo, e estar incluído no mellor quinteto de novatos da conferencia.[4] O 8 de abril de 2009 DeRozan anunciou que se declaraba elixible para o Draft da NBA, renunciando aos seus tres últimos anos de universidade.[5]

Estatísticas

Máis información Tempada, Equipo ...

NBA

DeRozan foi escollido polos Toronto Raptors no Draft da NBA de 2009 no posto número nove da primeira rolda.[6] O 9 de xullo de 2009, asinou o seu contrato de rookie cos Raptors.[7]

O 18 de xullo de 2018, DeRozan foi traspasado xunto a Jakob Pöltl e unha elección da primeira rolda do Draft de 2019 ós San Antonio Spurs, a cambio de Kawhi Leonard e Danny Green.[8]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads