Dean Barrow
político belizense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Dean Oliver Barrow, nado en Cidade de Belize en 1951, é un avogado e político belizense, que foi primeiro ministro de Belize entre 2008 e 2020. É tamén o líder do Partido Demócrata Unido (UDP).
Avogado de carreira, traballou como ministro de Relacións Exteriores dende 1993 a 1998 e foi o líder da oposición dende 1998 até que a UDP gañou en febreiro de 2008. Barrow comezou o seu primeiro mandato como primeiro ministro en 2008, e empezou o seu mandato termo en 2012. Comezou o seu terceiro mandato ó gañar nas eleccións do 4 de novembro de 2015.
Remove ads
Carreira legal
Barrow é un dos avogados exitosos de Belize e apareceu en varios casos de alto perfil. Comezou o seu traballo legal na compañía de avogados do tío Dean Lindo en 1973 e fíxose socio alí en 1977. Eventualmente formou o seu propio bufete de avogados, Barrow e Williams (con Rodwell Williams) até que deixou o seu cargo antes do 2008. Entre os clientes máis controvertidos da súa firma está Lord Ashcroft e os negocios cos que está conectado, particularmente o Belize Bank e, nalgún momento, Belize Telemedia Limited, anteriormente Belize Telecommunications Limited.
Remove ads
Vida privada
Ten catro fillos, sendo o maior deles o rapeiro "Shyne" Barrow. Barrow está divorciado da tamén avogada Lois Young.[1]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
