Death Note (filme de 2017)

filme de 2017 dirixido por Adam Wingard From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Death Note é un filme estadounidense de suspense de fantasía negra baseado no manga xaponés homónimo creado por Tsugumi Ohba e Takeshi Obata. Foi dirixido por Adam Wingard, producido por Roy Lee, Dan Lin e Masi Oka e escrito por Charles Parlapanides, Vlas Parlapanides e Jeremy Slater. Está protagonizado por Nat Wolff, Lakeith Stanfield, Margaret Qualley, Shea Whigham, Paul Nakauchi, Jason Liles e Willem Dafoe. O filme conta a historia dun mozo de instituto de Seattle chamado Light Turner, que atopa un misterioso caderno co nome "Death Note". Con el, descobre a existencia dun terrorífico deus da morte chamado Ryuk que lle ensina como empregar o caderno, xa que é quen de causar a morte de calquera cuxo nome estea escrito nel. Light decide usar o caderno con boas intencións, pero é perseguido por un espelido detective simplemente coñecido como L, que quere capturar a Light polas súas accións.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Foi estreado en Netflix o 25 de agosto de 2017. Recibiu críticas dispares e unha acollida negativa por parte da audiencia. Foi eloxiado pola escolla dos actores, particularmente pola interpretación de Dafoe, alén do seu director, estilo visual e atmosfera. Porén, o guión do filme foi especialmente criticado así como a escolla de actores brancos en papeis xaponeses.[1][2]

Remove ads

Personaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads