Deborah Kerr
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Deborah Jane Kerr-Trimmer, nada en Glasgow o 30 de setembro de 1921 e finada en Botesdale, Suffolk o 16 de outubro de 2007, foi unha actriz escocesa.
Remove ads
Traxectoria
Iniciouse no mundo artístico como bailarina de ballet, para logo pasar á interpretación, sendo a súa primeira profesora a súa tía Phyllis Smale.
Debutou no teatro en 1937, nunha obra de mimo, Harlequin and Columbine, mais non actuou en Broadway ata 1953, cando xa era unha actriz cinematográfica recoñecida.
En 1940 interveu por primeira vez nun filme, pero as súas escenas foros eliminadas na montaxe final. A súa interpretación en Black Narcissus chamou a atención dos produtores de Hollywood, comezando a súa carreira no cinema estadounidense. Aínda que o seu acento británico a levou inicialmente a papeis de damas sofisticadas, a partir de De aquí á eternidade tivo máis oportunidades de demostrar a súa versatilidade.
A partir de 1969, debido aos papeis que lle ofrecían, abandonou o cinema a favor da televisión e o teatro.
Aínda que nunca gañou un Oscar, un premio BAFTA ou o premio de interpretación no Festival de Cannes, as tres organizacións déronlle premios honoríficos, en 1994, 1991 e 1984, respectivamente.
Finou en 2007, vítima dos efectos da enfermidade de Parkinson.
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Véxase tamén
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deborah Kerr |
Bibliografía
- Braun, Eric (1978). St. Martin's Press, ed. Deborah Kerr. ISBN 0-312-18895-1.
- Powell, Michael (1986). Heinemann, ed. A Life in Movies. ISBN 0-434-59945-X.
- Andrew, Penelope (2011). Bright Lights Film Journal, ed. Deborah Kerr: An Actress in Search of an Author.
Ligazóns externas
- Deborah Kerr na IMDb (en inglés).
- Páxina de tributo
- Artigo no The Huffington Post (2008).
- Deborah Kerr Arquivado 01 de agosto de 2015 en Wayback Machine..
- Deborah Kerr en virtual-history.com.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
