Rubio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rubio
Remove ads

O rubio/roibo ou roxo é unha cor de pelo un chisco alaranxada, entre castaño e amarelo, cun matiz vermello. Nalgúns tons destes pelos predomina o vermello, noutros o laranxa, noutros o cobrizo. Así mesmo, a pel dos individuos destas características capilares é a miúdo clara e ten unhas manchas tamén características, as pencas. Isto é debido a que carecen dun pigmento castaño, a eumelanina e á presenza maioritaria ou exclusiva de feomelanina, asociadas a unha distribución particular dos melanocitos e dos melanosomas na pel. Aproximadamente, entre un 1% e un 2% da poboación humana é rubia[1][2].

Thumb
Muller rubia, co pelo avermellado e a pel clara pola carencia de pigmento marrón.
Remove ads

Galicia é unha das rexións do mundo onde abundan as persoas de pelo roxo ou rubio, aínda que en menor medida que en Escocia e Irlanda. Os refráns e ditos galegos sempre teñen unha actitude negativa cara estes individuos, considerándoos sinais de má sorte:

  • Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxo[3]
  • Cando o río fose enriba/ e os carballos deren uvas/ han de ser homes de ben/ os homes de barbas rubias.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads