Polgar

dedo máis grande da man From Wikipedia, the free encyclopedia

Polgar
Remove ads

Na anatomía humana, o polgar ou matapiollos[1] é o primeiro dedo ou deda a contar dende o interior. O polgar da man humana (a diferenza dos primates en xeral) é completamente opoñible aos outros catro dedos, pode tocar os demais dedos dende a súa punta até a súa base e mesmo a parte superior da palma da man. Esta calidade dálle á man dos primates unha vantaxe evolutiva moi notable xa que mediante esta función anatómica, o polgar pode manipular obxectos grandes apoiándose coa palma da man e obxectos medianos ou pequenos apoiándose cun ou máis dedos dos outros dedos.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads

Suxeición

Unha suxeición típica entre os dedos inclúe ao polgar e ao segundo dedo (índice), cando se suxeita un alfinete ou algo pequeno. Se o obxecto é máis grande ou se requiren funcións adicionais, como virar o obxecto, empréganse máis dedos.

Orixe do polgar

A evolución do polgar opoñible ou prensible normalmente asóciase co Homo habilis, o predecesor do Homo sapiens. Isto, con todo, é un resultado da evolución do Homo erectus (preto dun millón de anos atrás) mediante unha serie de etapas antropomórficas intermedias, polo que resulta dun proceso evolutivo moito máis complicado.

O factor máis importante relacionado á habilidade da man e o seu polgar é a liberación da súa función na marcha, que aínda hoxe é crucial para os simios. No seu momento foi unha das consecuencias da gradual adopción de pitecantropoide e antropoide da erección do andar bípede e o desenvolvemento simultáneo dun gran cerebro en etapas posteriores.

Remove ads

Significado

Nas culturas occidentais, se unha persoa, levanta ese dedo e pono cara a arriba, significa que aproba unha acción; e se o pon boca abaixo, significa que desaproba algo.

Outros animais con dedo polgar opoñible

Moitos animais, como os primates e outros, teñen algún tipo de dedo opoñible:

  • Panda, aínda que non sexa un polgar exactamente senón un sexto dedo que actúa como tal.
  • Coala
  • Opósum
  • A maioría dos primates, tanto en mans como en pés, aínda que a destreza do polgar varía moitísimo dunha especie a outra.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads