Deep Impact (sonda espacial)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Deep Impact (sonda espacial)
Remove ads

Deep Impact, coñecida na súa misión estendida como EPOXI (acrónimo de Extrasolar Planet Observations / eXtended Investigation of comets) foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 12 de xaneiro de 2005 mediante un foguete Delta 7925 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]

Datos rápidos Tipo, Fabricante ...
Remove ads

Características

A misión orixinal de Deep Impact era atoparse co cometa Tempel 1 e lanzar un proxectil contra o seu núcleo para estudar os restos exectados, así como o efecto do impacto na súa superficie. A misión extendeuse para sobrevoar o cometa Hartley 2 e facer observacións astronómicas para o estudo de planetas extrasolares, pasando a denominarse EPOXI.[1][2][3]

Deep Impact era unha misión do programa Discovery da NASA, seleccionada como tal en xullo de 1999. Constaba de dous elementos:

  • A nave de sobrevoo, cos instrumentos principais e 670 kg de masa, sería a encargada de levar o impactador ata o cometa Tempel 1. Tiña forma de caixa cunha estrutura de aluminio en forma de panel de abella cun escudo Whipple rectangular nun dos laterais para protexer a nave das partículas do cometa durante a máxima aproximación. A nave tiña unha cámara de alta resolución e outra de media resolución para facer fotografías e tomar espectros infravermellos do cometa e dos restos exectados. As dimensións aproximadas da nave eran de 3,2 x 1,7 x 2,3 m e estabilizábase nos tres eixos, usando un sistema de propulsión alimentado por hidracina cunha delta-v total de 190 m/s. As comunicacións con terra usaban a banda X, na frecuencia de 8000 MHz, a través dunha antena parabólica de alta ganancia orientable de 1 m de diámetro e dunha antena fixa de baixa ganancia. As comunicacións co impactador tiveron lugar en banda S. A enerxía eléctrica era proporcionada por un panel solar de 7,2 m2 que producía ata 620 W de potencia no momento do encontro co cometa, e que alimentaba unha batería de hidruro de níquel. O control e comando da nave corría a cargo de dúas computadoras RAD750 con 309 MB de capacidade cada unha para datos científicos.
  • O impactador, basicamente un proxectil feito dun 49% de cobre e un 24% de aluminio para identificalo claramente dos restos do propio cometa e contaminar o menos posible os espectros obtidos polas cámaras. Tiña forma de cilindro curto hexagonal, cun pequeno sistema de propulsión con hidracina para corrixir a traxectoria e acertar no cometa. O sistema de seguimento do cometa consistía nun seguidor de estrelas de alta precisión, algoritmos de navegación autónoma e unha cámara para obter imaxes coas que alimentar o sistema de seguimento. O impactador era alimentado electricamente pola nave de sobrevoo ata a súa separación, en que unha batería proporcionou enerxía na última fase ata o impacto.[1][2][3]
Remove ads

Perfil da misión

Thumb
Impacto de Deep Impact co Tempel 1

Deep Impact foi lanzada o 12 de xaneiro de 2005 a bordo dun foguete Delta II (modelo 7295) e inxectada nunha órbita heliocéntrica. A nave achegouse a Tempel 1 en xullo de 2005, liberando o impactador o día 3 dese mes, a unha distancia de 880.000 km do cometa. O impacto tivo lugar ao día seguinte, 4 de xullo, ás 5:52 UTC, a unha velocidade relativa de 10,2 km/s, o que vaporizou ao instante o impactador, liberando unha enerxía de 19 gigajoules e exectando gran cantidade de material cometario ao espazo. A nave de sobrevoo atopábase a uns 10.000 km no momento do impacto, obtendo imaxes e espectros ata chegar a uns 700 km do cometa, momento no que se reorientou para protexerse mellor dos restos. A mínima aproximación a Tempel 1 foi de 500 km. Momentos máis tarde, pasada a zona de maior perigo, a nave volveu a orientarse para seguir estudando o cometa. O encontro tivo lugar a unhas 0,89 UA da Terra e a unhas 1,56 UA do Sol. O fin da misión primaria, cun custo de 240 millóns de dólares, tivo lugar en agosto de 2005.[1][2][3]

Remove ads

Misión estendida: EPOXI

Coa nave principal en bo estado despois da misión primaria, a NASA proporcionou fondos (40 millóns de dólares en total) para estender os seus obxectivos. A nova misión tería dúas partes:

  • Sobrevoo do cometa Hartley 2 (DIXI, Deep Impact Extended Investigation): orixinalmente a nave debía sobrevoar o cometa Boethin o 5 de decembro de 2008, pero despois da súa aparente desintegración redirixiouse a nave para sobrevoar o cometa Hartley 2 o 4 de novembro de 2010 a unha distancia de 700 km.
  • Estudo de planetas extrasolares (EPOCh, Extrasolar Planet Observation and Characterization): a nave usaría as súas cámaras para estudar estrelas brillantes con exoplanetas coñecidos e caracterizalos o mellor posible. Esta parte da misión comezou o 26 de xaneiro de 2008, durando ata finais de xullo dese ano.

A nave sobrevoou tres veces a Terra (o 31 de decembro de 2007, o 29 de decembro de 2008 e o 27 de xuño de 2010) para poder redirixirse cara ao Hartley 2. Durante os sobrevoos fixo observacións científicas tanto da Terra como da Lúa.[1][2][3]

O contacto coa nave perdeuse a principios de agosto de 2013, despois de que un fallo de software a puxera a xirar sen control.[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads