Def Leppard

Banda inglesa de hard rock formada en 1977 From Wikipedia, the free encyclopedia

Def Leppard
Remove ads

Def Leppard é unha banda inglesa de hard rock formada no ano 1977 en Sheffieldcomo parte do movemento New Wave of British Heavy Metal. Dende 1992 o grupo está composto por Rick Savage (baixo e coros), Joe Elliott (voz), Rick Allen (batería e coros), Phil Collen (guitarra e coros) e Vivian Campbell (guitarra e coros).

Datos rápidos Obra, Datas ...
Remove ads

Traxectoria

A súa etapa máis exitosa comercialmente foi durante a década dos 80. O seu álbum de 1981 High 'n' Dry foi producido por Robert John "Mutt" Lange, que axudounos a definir o seu estilo, destacando del o tema "Bringin' On the Heartbreak" que foi un dos primeiros vídeos de metal emitidos na MTV en 1982. O seguinte álbum de estudio, Pyromania, editado en 1983 e que contiña como sinxelo principal o tema "Photograph", converteu a Def Leppard nun nome familiar. En 2003 o disco foi colocado no porto 384 na lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".

O cuarto álbum de Def Leppard, Hysteria, publicado en 1987, chegou ao primeiro posto das listas estadounidenses e británicas. Cara ao ano 2009 fora platino 12 veces nos Estados Unidos, e vendera uns 20 millóns de copias en todo o mundo. Do disco sacáronse sete sinxelos, entre eles o número 1 na lista Billboard Hot 100 "Love Bites", xunto con "Pour Some Sugar on Me", "Hysteria", "Armageddon It", "Animal", "Rocket" e "Women".

O seu seguinte traballo de estudio, Adrenalize (o primeiro tras a morte do guitarrista Steve Clark), acadou o número 1 da lista estadounidense Billboard 200 e da lista británica de álbums en 1992. Este disco contén varios éxitos como "Let's Get Rocked" e "Have You Ever Needed Someone So Bad". O seu álbum de 1993 Retro Active contén o hit acústico "Two Steps Behind", e no seu álbum de grandes éxitos Vault, puclicado en 1995, aparece o novo tema "When Love & Hate Collide".

Como uns dos artistas musicais con máis vendas en todo o mundo, Def Leppard leva despachados máis de 100 millóns de álbums en todo o globo, e ten dous discos certificados diamante pola RIAA, Pyromania e Hysteria. É un dos únicos cinco grupos de rock con dous álbums de estudio con máis de 10 millóns de vendas nos Estados Unidos. A banda foi olocada no posto 31 da lista de VH1 dos "100 mellores artistas de hard rock" e están no número 70 da lista dos "100 mellores artistas de todos os tempos".

Remove ads

Discografía

Álbums de estudio

Máis información Álbum, Ano ...
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads