Delta IV

Foguete espacial dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia

Delta IV
Remove ads

O Delta IV (Delta 9000 segundo a numeración clásica dos foguetes Delta e Delta 3000 segundo a nova numeración) é o nome dunha subfamilia de foguetes espaciais dos estadounidense en servizo desde 2002.[1][4]

Datos rápidos Función, país de orixe ...
Remove ads

Características

O Delta IV foi o primeiro foguete completamente crioxénico ó usar hidróxeno e oxíxeno líquidos en tódalas súas etapas. É o foguete usado pola USAF para poñer a maior parte dos seus satélites en órbita.[1]

As diferentes versións dos Delta IV usan un elemento común denominado precisamente Common Booster Core (que pode traducirse como acelerador central común), que funciona como primeira etapa usado en número dun ou de tres, segundo a versión de Delta IV. O CBC usa un motor RS-68 ou RS-68A de novo deseño que, cos seus arredor de 3 MN de pulo é o motor crioxénico máis potente da historia.[1]

A etapa superior pode ser unha de dúas variantes cun motor RL-10B-2, de 4 ou 5 metros de diámetro e o CBC pode usar 2 ou 4 foguetes aceleradores GEM-60 de propelente sólido como axuda na engalaxe.[1]

O método de numeración usado polos Delta IV é a seguinte[1]:

  • O primeiro número indica a configuración básica e sempre é un 4 para os Delta IV.
  • O segundo indica o número de foguetes aceleradores GEM-60 usados (0, 2, ou 4).
  • O terceiro número indica o tipo de segunda etapa, denominada xenericamente DCSS (Delta Cryogenic Second Stage): de 4 ou 5 metros de diámetro.
  • O cuarto díxito indica o tipo de terceira etapa: 0 para cando non se usa terceira etapa, 3 para unha Star 37D, 4 para unha Star 37E, 5 para unha Star 48B e 6 para unha Star 37FM.

Adicionalmente poden levar unha letra: H para as versións pesadas (H de heavy) ou M para as de capacidade media (M de medium). Outra maneira é referirse ós Delta IV poñendo unha das letras indicando si é medio ou pesado e entre paréntese dúas cifras, a primeira referíndose ó diámetro da segunda etapa e a segunda ó número de aceleradores sólidos.[1]

Inicialmente planeouse unha versión lixeira do Delta IV, que tería levado a letra adicional S (de small), pero foi finalmente cancelado.[1]

Remove ads

Versións

Máis información Nome, Aceleradores sólidos ...
Remove ads

Cargas

Máis información Carga (kg), LEO ...

Historial de lanzamentos

Máis información Voo, Data ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads