Delta do Okavango
delta fluvial interior do río Okavango From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O delta do Okavango é un gran delta fluvial interior de Botswana, formado onde o río Okavango atopa unha canle tectónica na parte central da conca endorreica do deserto do Kalahari. Toda a auga que vai parar ao delta evapórase ou consómese pola transpiración vexetal, polo que non desemboca en ningún mar ou océano.
Cada ano uns 11 quilómetros cúbicos de auga anegan unha área de entre 6 000 e 15 000 km². Algunhas das augas desembocan no lago Ngami. A reserva de caza Moremi, un parque nacional, atópase na parte leste do delta. O 11 de febreiro de 2013 en Arusha, Tanzania, o delta acadou o recoñecemento de ser unha das Sete marabillas naturais de África.[1] O 22 de xuño de 2014, o delta foi oficialmente inscrito na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads