Dengue (vestimenta)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O dengue é unha peza de vestir que forma parte da indumentaria tradicional galega. Está formado por un anaco de tea que ten forma de aspa, de tal forma que ao colocarse sobre o torso, cruza o peito e os seus extremos átanse nas costas.[1][2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dengue.
Características

Pode ser liso, ou estar ricamente bordado e adornado, por exemplo con flores bordadas e aplicacións de abelorios multicolores ou prateados, dependendo da tradición da localidade concreta.[2] Era unha peza de roupa feminina tradicional no noroeste da Península Ibérica, en Galicia, Asturias e parte de León. Nalgúns lugares substitúese por un pano que vai atado ás costas.[3][4][5]
Posibelmente a orixe desta peza débese á necesidade de abrigar o peito, sen utilizar os pesados e incómodos mantóns de pano propios dos días máis fríos do inverno.[6][7]
A forma do dengue despregado é parecida a un segmento de círculo cos extremos alongados. Está ben cortado se se pode colocar sobre os ombros, cruzado no peito por diante e coas puntas nas costas, á altura da cintura. Xeralmente se coloca poñendo un imperdíbel no cruzamento do peito e outro unindo os dous extremos nas costas,[8] ou cun broche de prata ou outro metal.[2]
Pénsase que era unha peza de roupa que simbolizaba o casamento. Era habitual que as mulleres fosen soterradas co el posto, xa que casadas en vida debían continuar casadas na morte. Este é un dos motivos polos que, comparando con outras prendas, foron conservados poucos nas casas.[9]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads