Dermápteros

orde de insectos From Wikipedia, the free encyclopedia

Dermápteros
Remove ads

Os dermápteros (Dermaptera), chamados comunmente cadelas de frade, son unha orde de insectos que se encontran nas Américas, África, Eurasia, Australia e Nova Zelandia. A especie cadela de frade (Forficula auricularia) é relativamente común en Galicia. A orde comprende 2000 especies[1] distribuídas en 12 familias, polo que é unha das ordes máis pequenas dentro dos insectos. As cadelas de frade teñen uns característicos e moi visibles cercos, con forma de fórceps ou pinza, no extremo do seu abdome, e ás membranosas pregadas baixos unhas curtas ás anteriores (élitros), de onde procede o seu nome científico (dermápteros = "ás de pel"[2]). Algúns grupos son parasitos diminutos de mamíferos e carecen das devanditas pinzas típicas. Viven no chan e raramente utilizan a súa capacidade de voar.

Máis información Cadelas de frade (Dermaptera) Rango fósil: Triásico tardío-Actual, Clasificación científica ...

Son principalmente nocturnos e a miúdo agóchanse en pequenas gretas húmidas durante o día, pero son moi activos de noite, alimentándose dunha ampla variedade de insectos e plantas. Con frecuencia son culpados de danos nas follas e flores e nas colleitas, especialmente a cadela de frade común Forficula auricularia.

Realizan cinco mudas no ano antes de ser adultas. Moitas especies de dermápteros prestan coidados maternais ás crías, o que é infrecuente nos insectos. As femias de cadelas de frade coidan os seus ovos, e mesmo despois de que dos ovos saen as ninfas seguen coidando a súa descendencia ata que esta fai a súa segunda muda. Cando as ninfas fan a muda, empeza a observarse un dimorfismo sexual, como diferenzas nas pinzas.

Coñécense algunhas especies fósiles clasificadas nas subordes extintas Archidermaptera (do (Triásico tardío) e Eodermaptera (do Xurásico medio). Moitas ordes de insectos consideráronse teoricamente como moi relacionadas cos dermápteros, aínda que os Grylloblattaria son os parentes máis probables.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads