Hexápodos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hexápodos
Remove ads

Os hexápodos (Hexapoda) son un subfilo [2] (ou unha superclase, segundo os autores) de artrópodos, o que máis especies agrupa, xa que inclúe aos insectos (1 millón de especies),[3] así como a varios grupos de artrópodos estreitamente relacionados con estes, como os proturos, os dipluros e os colémbolos (unhas 9.000 especies entre os tres).[3]

Máis información Clasificación científica, Clases ...

O nome do grupo está formado polos elementos hexa- e -poda, tirados dos gregos ἕξα-, de héx, "seis", e -πoδα, poda, de πούς, ποδός poús, podós, "perna", respectivamente, e fai referencia á máis distintiva das súas características, a presenza dun tórax consolidado con tres pares de patas, unha cantidade sensibelmente inferior á da maioría dos artrópodos.

Remove ads

Características

Os hexápodos teñen unha rexionalización (tagmose) característica, na que o corpo aparece dividido en tres rexións ou tagmas:[4] cabeza, tórax e abdome.

Especialmente significativa é a distinción de dúas partes detrás da cabeza, das cales só o tórax, formado por tres segmentos, leva outros tantos pares de apéndices locomotores.

O abdome está formado como máximo de once segmentos. En xeral, o abdome non leva apéndices, aínda que en certos grupos subsisten algúns (estilos dos dipluros, furcas dos colémbolos).

A respiración faise a través dun sistema de traqueas. A excreción realízase mediante os tubos de Malpighi, derivados do ectoderma.

Remove ads

Clasificación

Clasificación clásica

(Tirada de Lecointre e Le Guyader)[5]

Filoxenia

A filoxenia e, consecuentemente, a clasificación dos hexápodos foi e segue a ser controvertida. O principal problema radica basicamente na posición dos dipluros, xa que non parece haber dúbidas sobre a monofilia do clado Collembola+Protura (denominado ás veces Ellipura).

De considerarse que os dipluros están máis relacionados con colémbolos e proturos (cladograma A), aparece o clado Entognatha, que agruparía os hexápodos con pezas bucais parcialmente ocultas dentro da cápsula cefálica; o seu clado irmán sería Ectognatha, que inclúe só aos insectos, con pezas bucais expostas.[6]

Porén, hai evidencias (cercos filamentosos, ultraestrutura dos espermatozoides) de que os dipluros poden ser o grupo irmán dos insectos (cladograma B).[6] O clado denominaouse Euentomata.[7] O cladograma C sería unha solución de compromiso entre os cladogramas A e B, até que se resolvan as mencionadas incertezas:[6]

Hexapoda
Entognatha
Ellipura
      

Collembola

Protura

Diplura

Ectognatha

Insecta

A
Hexapoda
Ellipura
      

Collembola

Protura

Euentomata

Diplura

Insecta

B
Hexapoda
Ellipura
      

Collembola

Protura

Diplura

Insecta

C

Dúas posíbeis clasificacións que se desprenden do cladograma C son as seguintes:

Clasificación 1:
Superclase Hexapoda

Clasificación 2;
Superclase Hexapoda

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads