Desmond Tutu

From Wikipedia, the free encyclopedia

Desmond Tutu
Remove ads

Desmond Mpilo Tutu, nado en Klerksdorp (Transvaal) o 7 de outubro de 1931 e finado na Cidade do Cabo o 26 de decembro de 2021, foi un pastor anglicano, teólogo e pacifista surafricano, que adquiriu fama internacional durante a década de 1980 a causa da súa oposición ao Apartheid.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
O arcebispo Desmond Tutu.

Tutu foi o primeiro surafricano negro en ser elixido e ordenado como arcebispo anglicano de Cidade do Cabo (Suráfrica), e despois Primado da entón Igrexa da Provincia de África Meridional (actualmente Igrexa anglicana de África do Sur). Foi recoñecido co Premio Nobel da Paz en 1984.

Outórgaselle a autoría do cualificativo de Nación do Arco da Vella, para describir metaforicamente á Suráfrica posterior ao apartheid (en 1994 co triunfo do ANC). A expresión incorporouse desde entón para describir a diversidade étnica de Suráfrica.

Remove ads

Recoñecementos

Ten sido nomeado Doutor honoris causa por varias universidades como a de Portland ou no ano 2000 pola Pompeu Fabra de Barcelona.[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads