Diabo
demo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Diabo[1] (en latín diabolus, do grego διάβολος, transliteración diábolos, derivado do verbo διαβάλλω, transliteración diabállô, co significado de 'calumniador' ou 'acusador'[2]) é o título máis común atribuído á entidade sobrenatural maligna da tradición cristiá. É tratado coma a representación do mal, na súa forma orixinal dun anxo querubín, responsábel da garda celestial,[3] que foi expulsado dos Ceos por comezar unha rebelión de anxos contra Deus co obxectivo de tomar o trono.[4] Ao seu aspecto inda descoñecido, moitas son as tentacións de reproducilo. O máis popular o levaría a ter unha cor vermella, con faccións humanas, mais con cornos, rabo puntiagudo e un tridente na man, para remitir a un cetro. Outro xeito tamén común en canto ao aspecto corresponde á dun ser metade humano, metade bode, co pentagrama invertido inscritos no corpo (imaxe de Bafomet).

Visto dende o punto de vista satanista non é un deus nin un ser pensante, senón unha representación da gran forza que dá equilibrio ao universo (Anton LaVey, fundador da Igrexa de Satán).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
