Dirty Projectors

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dirty Projectors
Remove ads

Dirty Projectors é unha banda estadounidense de indie rock formada en Brooklyn, Nova York, no ano 2002. O grupo é o proxecto do cantautor David Longstreth, que vén sendo o seu único membro constante despois de numerosos cambios na formación. No presente Dirty Projectors está composta por Longstreth, xunto con Mike Daniel Johnson (batería), Maia Friedman (voces, guitarra, teclados), Felicia Douglass (voces, percusión, teclados) e Kristin Slipp (voces, teclados).

Datos rápidos Orixe, Período ...

Desde o seu nacemento, Dirty Projectors publicou oito álbums de estudio, con importantes contribucións da co-vocalista e guitarrista Amber Coffman dende 2006 ata 2013.[1][2] Tras o lanzamenro de Rise Above (2007), un álbum de cancións de Black Flag reimaxinadas de memoria, Dirty Projectors lanzou o seu exitoso traballo Bitte Orca en 2009. Con voces principais de Longstreth, Coffman, e Angel Deradoorian, o álbum recibiu unha ampla aclamación da crítica e aumentou significativamente a exposición da banda. O seu seguinte disco, Swing Lo Magellan (2012) foi lanzado con máis aclamación.

Tras a marcha de Coffman en 2013, Longstreth centrou Dirty Projectors nun proxecto maioritariamente baseado no estudo, lanzando os álbums Dirty Projectors e Lamp Lit Prose, en 2017 e 2018, respectivamente. Dirty Projectors converteuse nunha bnda completa novamente en 2018 coa incorporación das co-vocalistas Felicia Douglass, Maia Friedman e Kristin Slipp para xirar na promoción de Lamp Lit Prose. Inspirado pola química e a dinámica da formación actual da banda, o grupo gravou e lanzou cinco EPs ao longo de 2020.

En 2024, a antiga membro Olga Bell regresou á banda antes das actuacións dun ciclo de cancións orquestrais, chamado Song of the Earth.

Remove ads

Discografía

Álbums

Máis información Álbum, Ano ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads