Distrito da Guarda
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Guarda é un distrito de Portugal, pertencente á provincia tradicional da Beira Alta, agás os concellos máis ao norte, que pertencen a Trás-os-Montes e Alto Douro. Limita ao norte co Distrito de Braganza, ao leste con España, ao sur co Distrito de Castelo Branco e ao oeste co Distrito de Coímbra e o Distrito de Viseu. Abrangue unha área de 5518 km², que o converte no 7º maior distrito portugués en extensión. Ten unha poboación residente de 173.831 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade da Guarda.
O distrito da Guarda subdivídese nos seguintes 14 concellos:
- Aguiar da Beira.
- Almeida.
- Celorico da Beira.
- Figueira de Castelo Rodrigo.
- Fornos de Algodres.
- Gouveia.
- Guarda.
- Manteigas.
- Mêda.
- Pinhel.
- Sabugal.
- Seia.
- Trancoso.
- Vila Nova de Foz Côa.
Na división de Portugal en NUTS II, o distrito atópase integrado case na súa totalidade na Rexión Centro, aínda que Vila Nova de Foz Côa pertence á Rexión Norte e á subrexión do Douro. Os restantes concellos forman as subrexións da Beira Interior Norte e da Serra da Estrela, existindo aínda un pertencente a Dão-Lafões. En resumo:
- Rexión Norte.
- Trás-os-Montes e Alto Douro.
- Douro.
- Rexión Centro.
- Beira Interior Norte.
- Dão-Lafões.
- Serra da Estrela.
- Fornos de Algodres.
- Gouveia.
- Seia.
Remove ads
Xeografía física
O distrito ten un relevo elevado especialmente ao suroeste, onde se atopa a serra da Estrela, considerada como parque natural. O cume máis alto do territorio continental portugués, a Torre, atópase no límite co distrito de Castelo Branco. Nesta serra nacen dous dos ríos máis importantes de Portugal: o Mondego, no concello de Gouveia, e o Zêzere, que nos seus primeiros quilómetros de percorrido define un espectacular val graciario. Outro río importante que nace no distrito é o río Côa, afluente do Douro que atravesa lugares de grande beleza paisaxística e riqueza cultural do leste do distrito, destacando o sitio de arte rupestre do val do Côa, declarado Patrimonio da Humanidade. Ao nordés, moi preto do val do Côa, sitúase a parte máis ao sur do Parque Natural do Douro Internacional.
Remove ads
Patrimonio
- Sitios de arte rupestre prehistórica do val do Côa e de Siega Verde.
- Catedral da Guarda.
- Conxunto histórico de Almeida.
- Ruta das Aldeas Históricas (Aldeias Históricas). No distrito destacan destacan as seguintes aldeas:
- Linhares.
- Folgosinho.
- Sortelha.
- Castelo Mendo.
- Castelo Rodrigo.
- Colmeal.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Distrito da Guarda ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads