Río Douro
río da Península Ibérica From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O río Douro[1] (en castelán: Duero e en portugués: Douro) é un río do centro-norte e oeste da Península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do río Texo e do río Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Douro.

Remove ads
Características
O Douro nace nos Picos de Urbión (no Sistema Ibérico) a uns 2.160 m de altitude e percorre terras castelás, leonesas e portuguesas, pasando por Soria, Aranda de Duero, Laguna de Duero, Toro, Zamora e Miranda do Douro, até chegar á súa desembocadura na cidade do Porto. Ten 112 km de fronteira compartida con Portugal e 213 km portugueses. A súa altitude media é de 700 metros.
No inicio do seu curso é un río longo e pouco caudaloso. De Zamora á súa foz, corre entre fragas en canóns profundos (as Arribas do Douro). O forte declive do río -o desnivel medio é de 3 m/km-, as curvas, as rochas saíntes, os caudais violentos, as múltiples irregularidades, os rápidos e os "saltos" tornaban este río indomábel ata a realización dos encoros a partir de 1961. Con eles conseguiuse a doma do río e a navegación fluvial.
Remove ads
Afluentes principais


Pola dereita
- Río Pisuerga
- Río Valderaduey
- Río Esla
- Río Sabor
- Río Tua
- Río Corgo
- Río Teixeira
- Río Támega
Pola esquerda
- Río Rituerto
- Río Riaza
- Río Duratón
- Río Cega
- Río Adaja
- Río Zapardiel
- Río Trabancos
- Río Tormes
- Río Uces
- Río Huebra
- Río Froya
- Río Águeda
- Río Côa
- Río Torto
- Río Távora
- Río Tedo
- Río Varosa
- Río Cabrum
- Río Bestança
- Río Paiva
- Río Guareña
Remove ads
Encoros


O Douro ten sete encoros en zona española e nove en zona portuguesa.
- O encoro da Cuerda del Pozo (Vinuesa, Soria) é o de maior capacidade (249 hm³) e o único que regula o caudal na súa cabeceira. As súas funcións principais son a atracción turístico-deportiva, o regadío (26.000 ha) e abastecemento de auga a Soria e Valladolid. Secundariamente, o seu potencia hidroeléctrica é de 6.080 kW (8,5 GWh de media).
- Destaca especialmente o Salto de Aldeadávila I e II por ser, en conxunto, a primeira de España en potencia (1.146 MW) e produción anual (3.500 GWh de media: un 6,3% do total nacional). Isto únese á espectacularidade das obras, cun muro de contención, que ten forma abovedada, de 140 m de altura e 250 m de lonxitude.
- Tamén a presa de Saucelle I e II é impresionante, cun muro de 92 m de altura e 178 m de lonxitude. A súa potencia é de 525 MW no seu conxunto.
Galería de imaxes
- Conca do Douro en Galiza.
- O río ao seu paso polo Parque Natural de Arribas do Douro.
- O Douro no Porto.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads