Dmitrii Ivanovskii

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dmitrii Ivanovskii
Remove ads

Dmitrii Iosifovich Ivanovskii (en ruso: Дмитрий Иосифович Ивановский), nado en Nizi, Gobernación de San Petersburgo, o 28 de outubro de 1864 e finado o 20 de xuño de 1920 en Rostov do Don, foi un botánico ruso, o primeiro científico en descubrir os virus en 1892 e un dos fundadores da viroloxía.[1][2][3][4][5]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Ivanovskii estudou na Universidade de San Petersburgo. En 1887, investigou unha enfermidade que afectaba o tabaco, á que se referiu como wildfire. Tres anos máis tarde, observou outra enfermidade das plantas do tabaco e descubriu que as dúas enfermidades foran causadas por un axente infinitamente minúsculo capaz de impregnar os filtros da porcelana, cousa que as bacterias nunca poderían facer.

En 1898, o microbiólogo holandés Martinus Beijerinck replicou independentemente os experimentos de Ivanovskii e convenceuse de que a solución filtrada tiña unha nova forma de axente contaxioso ó que chamou virus. Beijerinck posteriormente recoñeceu en Ivanovskii prioridade do descubrimento.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads