Dnipro

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dnipromap
Remove ads

Dnipro (en ucraíno: Дніпро) é unha cidade de Ucraína situada ás beiras do río Dniéper, capital do óblast de Dnipro.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Thumb
Vista da cidade.
Thumb
Catedral de Dnipro.

Pola súa extensión, trátase da terceira cidade do país, e é un importante centro comercial, industrial e económico de Ucraína. Posúe un gran desenvolvemento tecnolóxico no sector da metalurxia, do armamento e da construción de maquinaria.

Tamén é coñecida como o principal centro aeronáutico do país.

Remove ads

Toponimia

A vila de Dnipro (en ucraíno: Дніпро) recibiu varios nomes ao longo da historia. Foi fundada oficialmente en 1776 como capital da gobernación de Azov do Imperio Ruso co nome de Ekaterinoslav (en ruso: Екатеринослав), e en 1797 foi renomeada como Novorossiisk (en ruso: Новороссийск), nome que mantivo até 1802 cando mudou o seu nome polo de Ekaterinoslav novamente, que mantivo até 1918.

En 1918 foi brevemente nomeada Sicheslav (en ucraíno: Січеслав), aínda que no mesmo ano mudou novamente a Katerinoslav / Ekaterinoslav (en ucraíno: Катеринослав, en ruso: Екатеринослав). En 1926 foi renomeada como Dnipropetrovsk / Dnepropetrovsk (en ucraíno: Дніпропетровськ, en ruso: Днепропетровск), sendo as formas rusa e ucraína oficiais. Co gallo da independencia de Ucraína, pasou a ser oficial unicamente a forma ucraína.

En 2016 o parlamento ucraíno aprobou renomear a cidade á forma Dnipro.

Remove ads

Historia

Thumb
Centro de Dnipro.

A nova Dnipro foi fundada en 1776 polo príncipe ruso Grigori Potiomkin por orde de Catarina II de Rusia e foi chamada entre ese ano e 1926 Еkаtеrinoslav.

As fortificacións militares que existen actualmente na cidade existen desde mediados do século XVI.

No estilo arquitectónico das rúas e prazas do centro da cidade consérvanse aínda as pegadas do clasicismo ruso dos séculos XVIII e XIX. Tamén se observan restos de modernismo de inicios do século XX e da monumental arquitectura que caracterizou os anos do Goberno de Stalin, entre 1930 e 1950.

Remove ads

Deportes

O FC Dnipro Dnipro, o equipo de fútbol da cidade, milita actualmente na Premier Liha, que é a primeira división do fútbol dese país.

Transportes

A cidade de Dnipro ten un sistema de transporte formado por tranvías, unha rede de liñas de autobuses, trolebuses eléctricos e marshrutkas (minibuses privados). Ademais, a cidade conta cun sistema de metro, o Metro de Dnipro, que foi aberto ao público en 1995 e dispón de seis estacións repartidas nunha única liña de metro.

Por outra parte, a 15 km ao sueste da cidade se encóntrase o Aeroporto Internacional de Dnipro.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads