Domingo Villar Grangel

avogado, político e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Domingo Villar Grangel
Remove ads

Domingo Villar Grangel,[1] nado en Santiago de Compostela en 1882 e finado en Bolivia en 1933,[2] foi un avogado, político e escritor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de Jose Villar e Vicenta Granjel. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Instalouse en Madrid, onde traballou no Ministerio de Fomento. Colaborou en Correo de Galicia e Almanaque Gallego e foi un activo conferenciante. Redactou a memoria de constitución da Compañía Xeral dos Ferrocarrís de Galicia, da que foi conselleiro. Na ditadura de Primo de Rivera interveu a favor de José Calvo Sotelo na campaña municipal e foi nomeado gobernador civil de Cuenca (1924-1925)[3] e das Palmas (1925-1926). Despois marchou a Bolivia, onde foi catedrático de Dereito Administrativo, e onde morreu en 1933.

Remove ads

Obras

  • La emigración gallega, 1901.
  • Porvenir económico de España, 1903.
  • Ferrocarriles secundarios de Galicia, 1904.
  • El problema de los cambios, 1906.
  • Póliza de préstamos sobre mercancías, 1907.
  • Un Ministro de Fomento. Don Augusto González Besada, 1909.
  • Jovellanos y la reforma agraria, 1912.
  • Cartas sobre Galicia, 1914.
  • Estudios de derecho administrativo, 1914.

Vida persoal

Casou en Vilagarcía de Arousa con Celia Padín Piñeiro en 1911.[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads