Tartu

cidade de Estonia From Wikipedia, the free encyclopedia

Tartumap
Remove ads

Tartu é a segunda maior cidade de Estonia e capital do condado de Tartu. A cidade de Tartu ten unha poboación de 93.124 habitantes (2017) e unha superficie de 38,8 km². É a segunda cidade máis poboada do país, por detrás da capital Talín,[1] e a oitava máis poboada no conxunto dos países bálticos.

Datos rápidos Lema, Epónimo ...

O desenvolvemento de Tartu estivo ligado á propia historia do sur de Estonia. A primeira mención data de 1030 e fai referencia a «Iúriev», unha fortaleza controlada pola Rus de Kíiv.[2] Nas cruzadas bálticas de comezos do século XIII, dita fortaleza foi capturada polos Irmáns Livonios, renomeada «Dorpat» e convertida na capital do bispado de Dorpat (1224-1558). Posteriormente estivo baixo control da República das Dúas Nacións, o imperio sueco e o Imperio ruso, até que Estonia proclamou a súa independencia en 1919 e impuxo o topónimo actual.[3]

Tartu considérase a capital cultural e intelectual do país,[4][5][6] ó posuír a universidade máis antiga e prestixiosa do país, a Universidade de Tartu, fundada en 1632 por Gustavo II Adolfo de Suecia e principal academia do país.[7] Desde a década de 1960 até a súa morte en 1993 foi catedrático desta universidade o semiólogo Iurii Lotman, cofundador da Escola Tartu-Moscova. Durante o nacionalismo romántico, os intelectuais estonianos organizaron a primeira edición do Festival da Canción de Estonia —actualmente en Tallin— e a primeira representación teatral en lingua estoniana. Hoxe en día a cidade acolle o Ministerio de Educación e Investigación, a Corte Suprema, o Museo Nacional de Estonia, o Museo da Literatura de Estonia e o observatorio de Tartu.[3]

Outros nomes históricos da cidade inclúen o alemán Dorpat (do século XIII) e o ruso Yuryev (Юрьев, dende 1030) e Derpt (Дерпт).

Remove ads

Etimoloxía

O topónimo estoniano «Tartu» é oficial desde 1918 e provén do nome que os primeiros nativos lle deron á fortificación sobre o coto do río Emajõgi: Tarbata, Tharbata, Tharbete e incluso Darbete. A súa orixe non está clara: varía entre unha referencia ao touro (en estoniano, tarvas) e outra ao deus mitolóxico Tharapita (en estoniano, Taara).[8] O termo en latín é «Tarbatum».

Tamén ten outros nomes históricos noutras linguas. O máis estendido é o xermano «Dorpat», unha variante do latín actualmente en desuso pero que foi oficial desde 1224 até 1721. En tempos do Imperio ruso utilizouse o topónimo «Derpt» (Дерпт, 1721-1893) e «Iuriev» (Юрьев, 1893-1918), este último recoñecido na primeira mención escrita da vila.[9]

Remove ads

Poboación

Artigo principal: Dialecto de Tartu.

Segundo o censo da European Statistical Office no ano 2005, a poboación de Tartu estaba composta por:

Cidades irmás

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads