Lingua estoniana
lingua fino-ugria falada en Estonia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O estoniano[2] (eesti keel, IPA: [ˈeːs.ti ˈkeːl]) é a lingua oficial da Estonia, falada por preto de 1,1 millón de persoas. É unha lingua fino-ugria e intimamente ligada ao finés, falado do outro lado do Golfo de Finlandia (ambas as dúas linguas son mutuamente intelixíbeis), a lingua võro, e o saami, falado no norte da Finlandia. Máis afastadamente está relacionado coa lingua húngara. Por contra, o estoniano non ten relación co letón nin tampouco coa lingua rusa.
Remove ads
Fonoloxía
Hai en estoniano nove fonemas relativos ás vogais simple — a e i o u õ [ɤ] ä [æ] ö [ø] ü [y] — os cales presentan tres duracións distintas. Desas, a simple e a longa son segmentalmente fonémicas, sendo o terceiro nivel de duración só suprasegmentalmente fonémico, presentando tamén cun contorno tonal distintivo. A ortografía estoniana distingue só as vogais curtas e as longas (denotadas pola súa duplicación). Hai tamén 19 ditongos (Hint 1978); e tamén se atopan agrupamentos polisilábicos de vogais.
Hai unha serie de consoantes oclusivas xordas e non aspiradas, con tres duracións fonémicas, representadas b d g, p t k e pp tt kk. O resto das consoantes tamén presenta distinción na duración, mais na escrita só son distinguidas as consoantes curtas e longas. Como nas vogais, dous niveis de duración segmental son fonémicos, e o terceiro nivel é suprasegmentalmente fonémico. Por exemplo, para o fonema 'n': curto - 'n' en lina "pano das mans", longo 'n' en linna "da cidade" e extralongo 'n' en linna "para a cidade".
As fricativas son s h, alén de f š ž z, usadas en empréstitos. As demais consoantes son j l m n r v, alén das alofónicas velares nasais nk e ng. As consoantes poden palatalizarse, mais esa distinción non se marca na ortografía. A palatalización ocorre antes das vogais frontais. Cerca do 0,15% do léxico presenta total palatalización fonémica, cando ocorre sen unha vogal frontal.
A tonicidade das palabras recae na primeira sílaba. Con todo, os empréstitos internacionais e as consoantes extralongas alteran en parte ese padrón.
Remove ads
Gramática
Tipoloxicamente, o estoniano presenta características de linguas tanto aglutinatinantes como sintácticas. Ao longo da súa historia, a lingua alemá tivo unha forte influencia sobre o estoniano, tanto no vocabulario como na sintaxe.
Morfosintaxe
En estoniano, non hai xénero gramatical, mais os substantivos e adxectivos declínanse en catorce casos. A maioría dos casos en estoniano denota relacións que outras linguas son expresas polo uso de preposicións.
Abaixo está un exemplo das declinacións da palabra auto, que significa coche:
Só tres dos casos enriba teñen función gramatical: o nominativo (o axente/suxeito da frase), o acusativo (o obxecto directo) e o partitivo (obxecto parcial).
Pronomes
Hai dous tipos de pronome para cada persoa en estoniano. Un, máis longo, para cando o foco está no axente e outro máis curto para cando o foco está na acción. Son:
Singular
Plural
Como non hai xénero nese idioma, non hai diferenza entre "el" e "ela" ou "eles" e "elas".
Verbos
O sistema de conxugación verbal non presenta distinción entre os tempos presente e futuro (a forma do presente utilízase en ambos contextos coa adición de marcadores de tempo), e hai formas especiais usadas para expresar unha acción iniciada por un suxeito indeterminado (o "impersoal").
O infinitivo dos verbos en estoniano é sempre terminado por -ma. A conxugación no presente se dá coa xunción dos seguintes morfemas na raíz do verbo:
Verbo istuma (sentar)
mina istun
sina istud
tema istub
meie istume
teie istute
nemad istuvad
Negación
A negación faise engadindo a palabra ei antes do verbo:
mina ei istu; sina ei istu etc
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads