Dragón de Komodo
especie de lagarto From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O dragón de Komodo (Varanus komodoensis) é unha especie de lagarto que vive nas illas de Komodo, Rinca, Flores, Gili Motang e Gili Dasami, en Indonesia central.[3] É un membro da familia dos varanos (Varanidae), e é a especie máis grande vivente de lagartos; que acada unha medida de dous a tres metros e pesa aproximadamente setenta quilogramos. A súa medida infrecuente atribúese ó xigantismo insular, xa que non hai outros animais carnívoros que poidan cubrir o nicho das illas onde viven, e tamén ó ritmo metabólico baixo do dragón de Komodo.[4][5] Como resultado do seu tamaño, estes lagartos son depredadores alfa, e dominan os ecosistemas onde habitan.[6] Malia que os dragóns de Komodo se alimentan principalmente de prea, tamén emboscan e cazan presas, incluíndo invertebrados, aves e mamíferos.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads