Dragon Ball GT

anime continuación oficial da franquía Dragon Ball From Wikipedia, the free encyclopedia

Dragon Ball GT
Remove ads

Dragon Ball GT (ドラゴンボールGT Doragon Bōru Jī Tī?) é un anime creado polo estudio de animación xaponés, Toei Animation como continuación oficial da franquía Dragon Ball, iniciada orixinalmente por Akira Toriyama. É unha serie derivada de Dragon Ball Z.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

A historia parte do final acontecido en Dragon Ball Z, unha década despois da vitoria dos guerreiros Z sobre Majin Boo. Así, Dragon Ball GT iníciase cando Pilaf logra atopar as Bólas do Dragón de estrela negra e o Shenron vermello converte accidentalmente a Son Goku en neno. Pouco despois, as bólas máxicas esparéxense polo universo enteiro e deben ser recollidas nun prazo menor a un ano ou a Terra será destruída.

Remove ads

Personaxes principais

  • Son Goku : É o protagonista da serie. En GT, con máis de 50 anos de vida, foi convertido en neno por un desexo de Pilaf, polo que ten que embarcarse nunha viaxe polo universo para atopar as Bólas máxicas antes dun ano
  • Pan: A filla de Son Gohanda e neta de Goku logra agocharse na nave, acompañándoos na viaxe.
  • Toranks: Fillo de Vexeta e Bulma, foi un dos elixidos para acompañar a Goku na viaxe.
  • Vexeta: O rival de Goku, queda na Terra mentres el viaxa. É atacado e posuído por Bebé coa intención de destruír a Goku e a todos os Guerreiros do espazo.
  • Gil Gil: É un robot que Goku e compaña atopan case sen enerxía durante a busca das Bólas do Dragón. Asimila o Radar do dragón para alimentarse. Acompaña ós heroes xa que é o único xeito de atopar as Bólas do Dragón.
  • Bebé: O principal antagonista da saga. É un tsufur do antigo Planeta Plant (tamén coñecido como planeta Vexeta), cuxa única ambición é vingarse dos Guerreiros do espazo.
  • Oob: é un dos guerreiros que axuda a Goku nas aventuras. Cando (coa axuda de Majin Boo) case morre polo poder de Bebé, Majin Boo sacrifícase para salvar a Oob fusionándose con el para formar un guerreiro máis forte, Majoob, e axuda a Pan e ó Señor Satán a sobrevivir no planeta infestado por Bebé.
  • Son Gohanda: Fillo máis vello de Son Goku e pai de Pan, non ten unha maior participación na serie pero é considerado como un dos guerreiros máis poderosos, é controlado por Bebé para destruír a Son Goku, aparece como un sabio recoñecido.
  • Son Goten: É o segundo fillo de Son Goku e o irmán máis novo de Son Gohanda, tampouco ten unha gran participación na serie debido á falta de adestramento, é posuído por bebé para destruír a Son Goku, ía a ser incluído na viaxe para acompañar a Goku e a Toranks e reunir as Bólas, pero antes de entrar na nave Pan acende o motor e é deixado na Terra por accidente.
  • C-18: É a esposa de Krilín e a nai de Marron. Durante a saga Súper C-17 mata a Krilín ante os seus ollos. Decide vingar ó seu marido, pero é derrotada. Máis adiante axuda a Goku a destruír a Súper C-17, e finalmente derrótano xuntos.
Remove ads

Lista de episodios

Dobraxe

Máis información Personaxe, Actor de dobraxe ...
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads