Dragon Ball Z

serie de televisión de animación xaponesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Dragon Ball Z
Remove ads

Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ Doragon Bōru Zetto?), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z[1] ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia. No 2005 reemitiuse na mesma canle, mais afirmou que sería a derradeira volta.

Remove ads

Argumento

Dragón Ball Z comeza cinco anos máis tarde que Dragon Ball, despois de casaren Son Goku e mais Chichi. Raditz, un misterioso guerreiro do espazo, chega á Terra para atopa-lo seu irmán, Son Goku. Foi así como Son Goku se decatou que vén dun planeta de guerreiros do espazo que foi derruído e do que só ficaron catro superviventes.

Personaxes

Para máis información sobre os personaxes ver o artigo Lista de personaxes de Dragon Ball

Protagonistas

É o personaxe principal da serie e o loitador máis forte do universo. Malia ser inxenuo e bondadoso, é tamén un poderoso Saiyajin (Guerreiro do espazo) que case nunca entende da maldade dos outros. Ten unha grande predilección pola loita, coma tódolos guerreiros da súa raza, especialmente cando o seu adversario é máis forte. Casou con Chichi e teñen dous fillos: Son Gohanda e Son Goten.
É o primeiro fillo de Son Goku e mais Chichi. O seu nome ven polo avó adoptivo de Son Goku. Foi o primeiro cruzamento dun Saiyajin cun ser humano, o que resultou nun ser máis poderoso ca un Sayjajin normal. Salvou a Terra na loita contra Célula.
É un humano e tamén o mellor amigo de Son Goku. De cativo, adestrou canda Son Goku co Mestre Mutenroi. En Dragon Ball Z, Krilín foi de grande axuda, enfrontouse ós Saiyajins, Freezer e moitos outros. Creou a técnica Kienzan e casou con C-18.
É un Namekiano moi poderoso de liñaxe guerreira. Inicialmente inimigo de Son Goku, mais ós poucos acabase aliando a el, pasando ata a adestralo seu fillo Son Gohanda, na fase seguinte, por quen comeza a ter un grande afecto.
É o fillo do Rei Vexeta e Príncipe dos Guerreiros do espazo. O seu planeta natal é o Planeta Vexeta, destruído por Freezer cando Vexeta aínda era un neno. Dende aquela pasou a traballar para Freezer canda o seu titor, Nappa, e mailo saiyajin, irmán de Son Goku, Raditz. Malia a súa arrogancia, máis adiante confórmase con ter o planeta Terra como o seu lar. Casa con Bulma e xuntos teñen dous fillos: Bra e mais Toranks.
Este personaxe debe ser entendido como dous. O "Toranks do Futuro" vén dun futuro alternativo, para alertar sobre a ameaza dos androides, que tornaron o seu tempo un inferno. O seu mestre de loitas foi Son Gohanda, o único guerreiro vivo na súa liña temporal. O outro é o "Toranks do Presente", un neno de 8 anos e o mellor amigo de Son Goten. Diferentemente da súa contra-parte, el vive unha vida calma e divertida, en virtude de que os outros guerreiros están vivos na súa liña temporal.

Secundarios

É a mellor amiga de Son Goku e mais filla do dono da Corporación Cápsula. É unha muller moi intelixente, mais considérase unha moza linda e fráxil. En Dragon Ball Z, Bulma ten maior participación na Saga de Freezer, mais, durante toda a serie, ela axuda a guerreiros coas súas invencións. Casa con Vexeta e teñen dous fillos, Toranks e mais Bra.
É un antigo ladrón que abandonou o crime para se xuntar con Son Goku en Dragon Ball. Yamcha adora loitar tanto como adora as mulleres. A súa participación limítase moito debido a forza dos novos inimigos.
Alumno de Tsuru, o rival de Mutenroi. Ten Shin Han andaba no camiño do mal ata coñecer a Son Goku. El é un humano de tres ollos e o mellor amigo de Chaoz.
É o mellor amigo de Ten Shin Han, tamén discípulo do Mestre Tsuru. Seguía os mesmos pasos maléficos do seu amigo, adestrando tanto para domina-lo mundo como para matar. É un personaxe feble, que acaba non acompañando o poder de loita dos outros guerreiros; porén, as súas técnicas de auto destrución poden causar grandes danos ó opoñente.
Foi o mestre de Son Goku, Krilín e mais Yamcha. Xubilado dende a aparición do Piccoro Daimaō, foi o humano máis poderoso do planeta. Creou a Kamehameha ou Onda Vital, o principal golpe de Son Goku. Malia non participar máis das loitas, os seus alumnos hónrano usando o seu uniforme de batalla xunto co símbolo.
É o deus da Terra e contra parte de Piccoro. É un namekiano que hai moito tempo foi mandado para a Terra, pois o seu planeta tiña problemas. Aló, el retirou de si toda a súa maldade, que se transformou en Piccoro Daimaō. Na Saga Célula, el fusiónase con Piccoro, volvendo á súa forma orixinal.
É un namekiano. Unha das calidades de Dende é a de poder sanda-las persoas e poder falar co dragón das sete bólas máxicas. Fai amizade con Son Gohanda e mais Krilín, cando viaxan ó planeta Namek para atopa-las bólas do dragón dese planeta, mais durante eses eventos as forzas de Freezer invaden o planeta coa mesma intención, e acaba morto polo mesmo Freezer. Tras ser resucitado múdase co seu pobo para o novo planeta Namek, mais tórnase o sucesor de Kamisama, logo de que este se fusionase de novo con Piccoro.
É o segundo fillo de Son Goku e mais Chichi e o irmán máis novo de Son Gohanda. Imítaselle practicamente o pai, tanto en inocencia como no talento para a loita, Son Goten superou toda á súa familia, en termos de cando eran cativos. Gosta de trebellar co seu mellor amigo Toranks, e xuntos, pódense fusionar creando o guerreiro Songotoranks.

Antagonistas

Foi o culpábel da destrución do Planeta Vexeta e tamén da exterminación dos Saiyajins pois, temía que de entre eles xurdise o Lendario Súper Saiyán. Na procura as bólas máxicas de Namek, Freezer afrontase cos Guerreiros Z, mais ceiba a carraxe de Son Goku ó matar a Krilín, creando o seu peor pesadelo. Con todo, Son Goku déixao vivo e retorna na Saga de Célula, onde é morto por Toranks.
Creación suprema do Doutor Guero, Célula foi creado para absorber os androides C-17 e máis C-18 e tornarse un ser perfecto. Célula é constituído de células dos Guerreiros Z e mais de Fricer, podendo así utiliza-lo Kamehameha. El atinxe a súa meta ó supera-lo seu nivel perfecto e consegue matar a Son Goku e a Toranks, mais é destruído polo Kamehameha Son Gohanda.
E un demo creado polo mago Bibidi que hai moito tempo devastou o universo, mais foi trancado nun casulo. Anos despois, o fillo de Bibidi, Babidi esperta a creación do seu pai. Boo ten aparencia fata, mais conseguiu derrota-los guerreiros e destruíla Terra. É morto por Son Goku coa Súper Genki Dama.
Remove ads

Episodios

Dobraxe

  • Estudio: CTV S.A. (Vigo)
  • Tradución: Miguel Vijande
  • Dirección: Antón Pazos
  • Elenco da dobraxe:
Máis información Personaxe, Actor de dobraxe ...
  • Outros
▪ Aurora Maestre
▪ Xerome Calero
Remove ads

Filmes, Especiais TV e OVAs

Filmes

Especiais TV

OVAs

  • Dragon Ball Z Gaiden (1993)
  • O regreso de Son Goku e os seus amigos (2008)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads