Duck Soup
filme de 1933 dirixido por Leo McCarey From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Duck Soup é un filme americano de 1933 protagonizado por Groucho Marx, Chico Marx, Harpo Marx e Zeppo Marx, e coas intervencións de Margaret Dumont, Louis Calhern, Raquel Torres e Edmund Breese. Foi o derradeiro filme dos Irmáns Marx para a Paramount e o derradeiro de Zeppo Marx. Foi dirixido por Leo McCarey.
Remove ads
Sinopse
Rufus T. Firefly é un personaxe que chega a ser presidente de Freedonia unha vez que o antigo presidente é destituído do cargo por problemas na administración e desavinzas cos aristócratas do lugar, en particular, a rica viúva Gloria Teasedale. Hai ameazas de guerra co país veciño, Sylvania, e aínda que se trata de facer a paz, Firefly rexéitaa.
Os encargados de espialo son Chicolini e Pinky, que fan o que poden, pagados polo país rival para secuestralo ou roubarlle as estratexias de guerra. Porén, tras un xuízo por traizón a Chicolini, son persuadidos de unírense ao exército de Freedonia.
Remove ads
Personaxes
- Groucho Marx como Rufus T. Firefly
- Harpo Marx como Pinky
- Chico Marx como Chicolini
- Zeppo Marx como Bob Roland
- Margaret Dumont como Mrs. Gloria Teasdale
- Louis Calhern como Trentino
- Raquel Torres como Vera Marcal
- Edmund Breese como Zander
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads