Groucho Marx

From Wikipedia, the free encyclopedia

Groucho Marx
Remove ads

Groucho Marx, nado en Nova York o 2 de outubro de 1890 e finado nos Ánxeles (California) o 19 de agosto de 1977, foi un actor e comediante e escritor estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Groucho (sentado), xunto dos seus irmáns Chico (esquerda) e Harpo (dereita) en 1948.
Remove ads

Traxectoria

Naceu como Julius Henry Marx en Nova York, fillo de Minnie Schoemberg, inmigrante alemá cuxos pais rexentaban unha compañía de cómicos ambulantes, e de Sam Marx, de orixe francesa.

Marx debutou no mundo do espectáculo aos 15 anos como cantante solista. Pasado algún tempo comezou a actuar xunto aos seus irmáns no vodevil, primeiro en tríos ou cuartetos musicais e finalmente en revistas. A obra The Cocoanuts, interpretada de 1925 a 1928, deu aos Marx a súa oportunidade en Broadway. A raíz deste éxito, e tras esquecer a súa infrutuosa rodaxe dunha primeira e perdida película muda no ano 1921 (Humor Risk), asinaron tamén un acordo coa Paramount, coa que fixeron varias películas, como The Cocoanuts, Horse Feathers e Duck Soup, entre outras.

Thumb
Caricatura do actor

Tras saír da Paramount, e grazas ao novo xenio Irving G. Thalberg, os irmáns Marx comezaron a traballar coa Metro Goldwyn Mayer, de onde saíron películas como Unha noite na ópera e A Day at the Races. Na década de 1950 cada un dos tres irmáns continuou traballando independentemente na radio, na televisión e no cine, sendo Groucho o que obtivo máis éxito, grazas á súa faceta como escritor e sobre todo grazas ao seu famosísimo programa televisivo You Bet Your Life, co que se fixo realmente famoso nos Estados Unidos entre unha xeración de persoas que nunca o viran no teatro e que apenas o coñecían dalgunha das súas vellas películas.

Marx faleceu nos Ánxeles a causa dunha pneumonía, deixando atrás tres ex-esposas, Ruth, Kay e Eden, tres fillos, Arthur, Miriam e Melinda, 18 películas, 14 delas xunto aos seus irmáns (unha delas perdida), e millóns de admiradores. Unha das súas célebres frases foi: "Nunca pertencería a un club que admitise como socio alguén coma min".

Groucho Marx foi incinerado, as súas cinzas gárdanse no Eden Memorial Park, sendo falso o epitafio "Perdoen que non me levante", que popularmente se cre que está na súa tumba.

Remove ads

Filmografía

  • Humor risk (1921)
  • The Cocoanuts (1929)
  • Animal Crackers (1930)
  • The House that Shadows Built (1931)
  • Monkey Business (1931)
  • Horse Feathers (1932)
  • Duck Soup (1933)
  • Unha noite na ópera (1935)
  • A Day at the Races (1937)
  • Room Service (1938)
  • At the Circus (1939)
  • Go West (1940)
  • The Big Store (1941)
  • The Big Store (1946)
  • Love Happy (1949)
  • The Story of Mankind (1957)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads