EF-G

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

EF-G ou factor de elongación G (historicamente coñecido tamén como translocase) é un factor de elongación procariótico e unha GTPase responsable de catalizar o movemento coordinado do ARNt e ARNm a través do ribosoma durante a tradución de proteínas procariótica.[1]

Función

O EF-G cataliza a translocación do ARNt e ARNm no ribosoma ao final de cada rolda de elongación do polipétido que se está a sintetizar.[1] Igual que fai o complexo EF-Tu+ARNt+GTP, o EF-G únese ao ribosoma no seu estado unido a GTP. Cando se une ao sitio A do ribosoma, o EF-G causa que o ARNt que previamente ocupaba ese sitio pase a ocupar unha posición intermedia A/P (unida ao sitio A da subunidade ribosómica menor e ao sitio P da subumidade maior), e o ARNt situado no sitio P é movido ao estado híbrido P/E. A hidrólise do EF-G do GTP causa un cambio conformacional que forza que o ARNt A/P ocupe totalmente o sitio P, e que o ARNt P/E ocupe completamente o sitio E (e saia do complexo do ribosoma), e que o ARNm avance tres nucleótidos en relación ao ribosoma debido á súa asociación con estas moléculas de ARNt. Despois, a molécula de EF-G unida a GDP disóciase do complexo, deixando outro sitio A libre no que pode empezar un novo ciclo de elongación.[1][2]

Ademais do seu papel na translocación, o EF-G, funcionado conxuntamente co Factor de Reciclaxe do Ribosoma (RRF, Ribosome Recycling Factor), promove a reciclaxe do ribosoma dun modo dependente de GTP.[3]

Remove ads

Importancia clínica

Normalmente o EF-G é inhibido polo ácido fusídico, pero desenvolveuse resistencia nalgunhas bacterias.[4][5]

Evolución

O EF-G ten unha historia evolutiva complexa, e ten numerosas versións parálogas presenten en bacterias, o que suxire a subfuncionalización de diferentes variantes do EF-G.[6]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads