Encyclopedia of Life
enciclopedia biolóxica colaborativa en liña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Encyclopedia of Life (Enciclopedia da Vida), abreviadamente EOL é un proxecto de enciclopedia cooperativa en liña,[1][2] que ten como propósito construír unha enciclopedia que conteña un artigo para cada unha das especies de seres vivos existentes no planeta Terra.
Cada artigo poderá conter sons, vídeos, imaxes, gráficos e textos.[3]
Dispoñía inicialmente dun fondo de 50 millóns de dólares provenientes de cinco grandes institucións científicas, encabezadas pola Fundación McArthur.
A páxina web de Internet da enciclopedia contén información do proxecto, FAQs[4] e páxinas de demostración.[5]
O comité directivo do proxecto está composto por membros veteranos de:
- o Consorcio da Biblioteca da Herdanza da Biodiversidade,
- o Museo Field de historia natural,
- a Universidade de Harvard,
- a Fundación McArthur,
- o Laboratorio de Bioloxía Mariña,
- o Xardín Botánico de Missouri,
- a Fundación Alfed P. Sloan e
- o Instituto Smithsoniano.[1][5][6]
O proxecto non permite achegas directas dos usuarios, como ocorre na Wikipedia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
