ETB HD

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

ETB HD é a canle en alta definición de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco.

Datos rápidos Localización ...

A implantación da televisión de alta definición, coñecida polas siglas en inglés "HD", desenvólvese en Euskal Telebista coa modificación dunha unidade móbil dotándoa de equipamento de alta definición; esta unidade móbil inaugurouse en novembro de 2011. Case en paralelo realizáronse os traballos de adecuación da área de control central e a instalación dunha nova canle de continuidade para realizar as emisións en alta definición.

A difusión da canle de HD, que manterá de base a emisión de ETB 1 complementándoa con todo aquel programa que se dispoña en alta definición en ETB 2, comezará as súas emisións cando estea dispoñible un segundo MUX de TDT, así como na plataforma Euskaltel.

A canle empezou as súas transmisións en probas no dial 00 de Euskaltel o 7 de abril de 2014 coa Euskal Herriko Itzulia.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads