Eccema
doenza cutánea From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un eccema[1] ou dermatite eccematosa é un conxunto de afeccións dermatolóxicas, caracterizadas por presentar lesións inflamatorias diversas tales como: eritema, vesículas, pápulas e exudación.
Tamén se usa ou se aplica este termo para dermatite causadas por contacto cunha substancia para a cal se sensibilizou o paciente (eccema de contacto).
Caracterízase por un tor avermellado da zona afectada seguida dun forte proído; pode espallarse doadamente a outras áreas do corpo. O eccema pódese clasificar, segundo as súas características, en:
- Atópico: o eccema atópico pode presentar moitas variantes, pero en xeral caracterízase por placas de costras vermellas de pel inflamada con constante comechón.
- Seborreica: a dermatite seborreica é unha doenza inflamatoria común da pel caracterizada por lesións escamosas xeralmente no coiro cabeludo (non confundir con caspa) e a cara.
- De contacto: a dermatite de contacto é o nome que se lle dá a calquera inflamación da pel que se produce cando a superficie da pel entra en contacto cunha substancia que se orixina fóra do corpo.
O eccema xeralmente preséntase como reacción a algunha alerxia.
Remove ads
Clasificación
Etimoloxía
- O termo "dermatite" deriva das palabras gregas "derma", que significa "pel", e "-itis", que se refire á inflamación. Polo tanto, "dermatite" podería traducirse como "inflamación da pel".
- O termo "eccema" tamén ten orixe grega, derivado da palabra "ekzema", que significa "ferver", facendo referencia á aparición de burbullas ou vesículas que poden aparecer en certos tipos de dermatite.
Terminoloxía
Ás veces úsase o termo "eccema" como un tipo ou caso particular da dermatite, a "dermatite eccematosa". Porén, o eccema (eczema) e a dermatite son tratados polo International Disease Dictionary como sinónimos, e están referidos de L20 a L30:[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

