Edificio Pardo Labarta

construción civil en Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia

Edificio Pardo Labartamap
Remove ads

O edificio Pardo Labarta é unha construción que se atopa na Porta do Sol, á beira da cidade vella, no centro de Vigo. É un dos edificios históricos senlleiros da cidade, representativo do modernismo vigués en arquitectura.[1]

Datos rápidos Persoas e organizacións, Localización ...
Remove ads

Historia

O edificio foi promovido polo adiñeirado comerciante Eudoro Pardo Labarta (finado o 16-1-1917). Coincidente coa apertura da rúa Elduayen, que permitiu ampliar a Porta do Sol e transformar este espazo antes fechado nun largo máis aberto, a obra foi encargada ao arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, que realizou unha obra moi no seu estilo, e que repetirá na posterior casa dos irmáns Camilo e Benigno Fernández, outro exemplo sinalado da arquitectura viguesa de comezos do século XX. Con esta obra o seu promotor propúxose embelecer esta céntrica praza cun edificio de cinco andares e faiado, e con tres fachadas.[2]

Remove ads

Construción e estilo

Trátase dun edificio con influencias eclécticas, que incorpora elementos modernistas na decoración, como o gran van central do faiado partido en tres ocos, arcos e linteis en forma de omega no terceiro andar, e formas vexetais e florais combinadas con lapas e fitas.[2] Todo isto inserido nun esquema clásico francés, que incorporou unha mansarda retirada nunha rehabilitación posterior. Na parte central salienta unha fermosa galería aberta que percorre transversalmente todos os andares. Todo o conxunto está enfeitado con detalles propios da cantaría de perpiaño da época, que acadou unha gran mestría no tratamento da pedra de gra galega, que dá como resultado un programa decorativo moi elaborado. O mestre canteiro foi José Araujo Pérez.

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads