Edmonton
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Edmonton
i/ˈɛdməntən/ é a capital da provincia canadense de Alberta. Sitúase na parte centro septentrionale da provincia, nunha zona que conta con parte das terras agrícolas máis fértiles das pradeiras canadenses. Despois de Calgary, é a segunda cidade de Alberta. A súa área metropolitana, cunha poboación estimada en 2005 en 1 016 000 habitantes, é a sexta do Canadá.


Cunha superficie de preto 684 km2, superior á que corresponde a Chicago, Philadelphia e Detroit, Edmonton é unha das máis extensas cidades de América do Norte. Doutra banda, sempre considerando as metrópoles de Norteamérica, Edmonton ten unha das densidades de poboación máis baixas.
Remove ads
Economía
Tradicionalmente a economía de Edmonton baséase na industria do petróleo (nos anos 40 gañou apelativo de "Oil Capital of Canada"), mais nos últimos anos deesnvolvéronse outros sectores, de xeito que se considera na actualidade que a cidade ten a segunda economía máis diversificada do Canadá. Son particularmente activas as empresas de alta tecnoloxía como Telus, Dell, Intuit, Matrikon, BioWare e General Electric. De feito que goza da taxa local de crecemento máis alta do país: o 6,2 %.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

