Ekpe Udoh
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ekpe Udoh, nado o 20 de maio de 1987 en Edmond, Oklahoma, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Xogou na Universidade de Baylor e foi elixido no draft de 2010 da NBA polos Golden State Warriors na sexta posición.
Remove ads
Traxectoria
Universidade
Xogou durante tres tempadas, dúas en Michigan e unha en Baylor, onde conseguiu 8.4 puntos, 6.3 rebotes e 1.5 asistencias en 103 partidos. Ekpe foi nomeado rookie da semana en catro ocasións, xogador defensivo do ano coma júnior e incluído no equipo defensivo e no equipo de rookies, tamén coma júnior.
NBA
No draft de 2010, Udoh foi elixido na 6ª posición polos Golden State Warriors. Debido a unha lesión na man, Udoh non xogou un partido da NBA ata o 11 de decembro de 2010, cando fixo o seu debut contra os Miami Heat, xogando 3 minutos nos que anotou 2 puntos.
O 13 de marzo de 2012, foi traspasado aos Milwaukee Bucks xunto a Monta Ellis e Kwame Brown a cambio de Andrew Bogut e Stephen Jackson.[1]
O 3 de setembro de 2014, Udoh asinou cos Los Angeles Clippers.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads