El Carpio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
El Carpio é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. Con 4.555 habitantes no ano 2012, unha extensión superficial de 47 km², tiña unha densidade de 96,3 hab/km². Está situado ao leste da provincia, desde os contrafortes de Serra Morena até o Guadalquivir, nunha paisaxe de fértiles terras de oliveiras, veigas e de cultivos herbáceos. Nas ribeiras do río existen uns soutos que resultan de grande interese natural pois serven de refuxio para numerosas aves acuáticas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Carpio.
Tamén está situado xunto a dúas vías de comunicación importantes: a autovía A-4 (Madrid-Cádiz) e a liña de ferrocarril Madrid-Córdoba. No mesmo municipio de El Carpio, a poucos quilómetros do centro urbano e ao outro lado da autoestrada, encóntranse unha presa e unha central solar.
As súas coordenadas xeográficas son 37º 56' N, 4º 30' O. Atópase situada a unha altitude de 138 metros e a 30 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Carpio |
- Ayuntamiento de El Carpio
- El Carpio. Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- Día de la Inmaculada
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads