Elche Club de Fútbol

club de fútbol de España From Wikipedia, the free encyclopedia

Elche Club de Fútbol
Remove ads

O Elche Club de Fútbol, S.A.D.[1] (en valenciano: Elx Club de Futbol) é un club de fútbol español con sede social na cidade de Elx (Alacant). Foi fundado en 1923 e compite na Segunda División. O seu terreo de xogo é o Estadio Martínez Valero, con capacidade para 31.388 espectadores.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
Remove ads

Historia

O Elche Football Club foi fundado en 1923, coa unión de varios clubs da cidade, entre eles o Illice, o Sporting e o Gimnástica de Elche. Na tempada 1958–59 logra o seu primeiro ascenso a 1ª División, manténdose nesta categoría durante doce tempadas consecutivas. O seu maior éxito conségueo na tempada 1968–69 cando accede á final da Copa do Xeneralísimo, (actual Copa do Rei), proclamándose subcampión contra o Athletic Club.

Remove ads

Uniforme

  • Primeiro equipamento: Camiseta branca cunha franxa horizontal verde, pantalón branco e medias brancas.
  • Segundo equipamento: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio

Artigo principal: Estadio Martínez Valero.

O Estadio Martínez Valero, foi inaugurado o 8 de setembro de 1976, substituíndo ao antigo campo de Altabix (1926). Obra do arquitecto Juan Boix Matarredona, é na actualidade o maior recinto deportivo da provincia de Alacant. Conta cun aforamento de 41.000 localidades, divididas en dúas gradarías. Ten unha altura de 18 metros e un peso de 100 millóns de quilos. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 108 metros de longo por 70 de ancho, e o aparcadoiro pode albergar 2.184 vehículos. O Martínez Valero dispón dun sistema de vixilancia por cámaras, unha rede de altofalantes e dous videomarcadores, situados nos aneis norte e sur do estadio.

Thumb
Estadio Martínez Valero en Elx.

O partido inaugural foi Elche C.F. - Selección de México, onde empataron a tres. Os goles do Elche C.F nese partido conseguíronos Finarolli, Orellana e Gómez Voglino. Ademais, nel xogouse a final da Copa do Rei da tempada 2002/03. Formou parte dos estadios onde levaron a cabo os partidos da Copa Mundial de Fútbol de 1982.[2]

O Elche Club de Fútbol dispuxo doutros estadios, como o El Clot, El Cementerio, Stadium de Elche (Campo de Don Jeremías) e do Altabix.

Datos do club

Thumb
Visión do Martínez Valero nun partido do trofeo Festa d'Elx entre o Elche CF e o FC Barcelona en 2003.
  • Tempadas en : 22 (Incluída a 2020/21)
    • Mellor posto: 5º (tempada 1963-64)
  • Tempadas en : 37
    • Mellor posto: 1º (tempadas 1958-59 e 2012-13)
  • Tempadas en 2ªB: 7
    • Mellor posto: 2º (tempada 1996-97)
  • Tempadas en : 19
    • Mellor posto: 1º (tempada 1957-58)
  • Posto na Clasificación histórica de Primeira división: 23º

Denominacións

  • Elche Football Club (1923–1939)
  • Elche Club de Fútbol (1939–1997)
  • Elche Club de Fútbol Sociedad Anónima Deportiva (Desde 1997)
Remove ads

Xogadores

Categoría principal: Xogadores do Elche CF.

Cadro actual

Datos do 31 de xaneiro de 2014

Máis información Nº, Posto ...

Cedidos

Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos amigables

  • Trofeo Festa d'Elx (25): 1961, 1962, 1963, 1965, 1968, 1972, 1973, 1976, 1977, 1978, 1980, 1981, 1982, 1987, 1988, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 2005, 2006, 2009
  • Trofeo Carabela de Plata (2): 1999, 2007
  • Trofeo Ciudad de Alcoy (1): 2008
  • Trofeo Puma (1): 2009
  • Trofeo Concepción Arenal (1): 1978

Distincións especiais

  • Trofeo Antuerpen[3] (1): 1966-67
Remove ads

Filial

O Elche Ilicitano é o equipo filial do Elche Club de Fútbol, chamado nas súas orixes Club Deportivo Ilicitano. Fundouse en 1932 coa intención de servir como canteira para o primeiro equipo. Actualmente milita no grupo IV da Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Na década de 1960 chegou a xogar en 2ª división.[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads