Trofeo Concepción Arenal

torneo de fútbol amistoso en Ferrol From Wikipedia, the free encyclopedia

Trofeo Concepción Arenalmap
Remove ads

O Trofeo Concepción Arenal é un torneo futbolístico de verán, de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade de Ferrol, desde 1953. É organizado polo Racing de Ferrol e trátase dun dos torneos futbolísticos de maior prestixio e antigüidade que se celebran en España, dedicado á insigne escritora ferrolá Concepción Arenal.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Remove ads

Historia

Encadrado dentro das festas de verán da cidade, o entón Alcalde de Ferrol, José Manuel Alcántara Rocafort e o seu Concelleiro de Deportes, Manuel Seijas Brea, foron os seus principais impulsores. Durante a súa historia, a organización do torneo correu a cargo do Concello ferrolán, do Padroado Municipal de Deportes ou do Racing Club de Ferrol, equipo que se encarga da mesma nas súas últimas edicións.

Comezou en 1953 cun encontro entre o Athletic Club e o Valencia CF, alzándose o equipo bilbaíno co trofeo. Numerosos equipos participaron no mesmo, tanto españois como estranxeiros, entre os que destacan o Deportivo da Coruña, Celta de Vigo, FC Barcelona, Real Madrid ou Valencia CF.

Os partidos disputábanse no vello Estadio Manuel Rivera do Inferniño ata a edición de 1992. Desde entón, xóganse no Estadio da Malata, fóra da edición de 2001, disputada no Campo de Fútbol da Gándara, por obras na Malata.

Remove ads

Finais

Máis información Ano, Campión ...
Remove ads

Palmarés

Equipo Títulos Anos
Galicia Deportivo da Coruña 17 1956, 1963, 1966, 1969, 1973, 1974, 1982, 1985, 1986, 1987, 1996, 2002, 2003, 2011, 2016, 2017, 2018
Galicia Racing de Ferrol 9 1959, 1964, 1965, 1981, 1988, 2001, 2005, 2007, 2022
Galicia Celta de Vigo 6 1957, 1967, 1991, 1998, 2004, 2010
Andalucía Real Betis 2 1958, 1962
Asturias Sporting de Gijón 2 1970, 1971
Comunidade de Madrid Real Madrid 2 1977, 1984
Castela e León SD Ponferradina 2 2013, 2019
Athletic Club 1 1953
Valencia CF 1 1954
Murcia Real Murcia 1 1960
Cataluña FC Barcelona 1 1968
Chile Palestino 1 1975
Canarias UD Las Palmas 1 1976
Elche CF 1 1978
Real Sociedad 1 1979
Castela e León UD Salamanca 1 1989
Galicia CD As Pontes 1 1992
Galicia SD Compostela 1 1993
Inglaterra Aston Villa 1 1994
Países Baixos Ajax Ámsterdan 1 1995
Portugal Porto 1 1997
Castela e León Real Valladolid 1 1999
Andalucía Recreativo de Huelva 1 2006
Aragón Real Zaragoza 1 2008
Portugal Río Ave 1 2009
Galicia CD Lugo 1 2015

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads