Eleuthera
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Eleuthera é unha das illas das Bahamas. Localízase no nordeste do arquipélago, a 80 quilómetros de Nassau, e ten unha forma alongada e estreita. Ten preto de 8 mil habitantes segundo o censo do ano 2000.
O nome Eleuthera deriva da palabra grega ελεύθερος (eleutheros), que significa Ceibe.
Os habitantes orixinais das illas, os taínos e os arawacos foron deportados polos colonizadores españois para traballa-las minas da illa A Española, onde se extinguiron ao redor do ano 1550. Crese que a illa estivo deshabitada até a colonización europea que se produciu polo ano 1648, cando arribaron os primeiros peregrinos puritanos dende as Bermudas, quen foron os que lle deron o actual nome á illa. Algúns cren que Cristovo Colón chegou primeiro a esta illa antes que a calquera outra das Indias.
A illa creceu prosperamente entre os anos 1950 e 1980, polos investimentos feitos polos industriais norteamericanos, actualmente a principal actividade económica é o turismo. Conta con tres aeroportos: o North Eleuthera, Governor's Harbour Airport e Rock Sound Airport.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads