Ellen Burstyn
actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Edna Rae Gillooly, nada en Detroit (Míchigan), o 7 de decembro de 1932, é unha actriz estadounidense.
Remove ads
Traxectoria
Comezou como modelo en Detroit, Dallas e Nova York, para logo decidir dedicarse á interpretación, debutando en Broadway en 1957 e ingresando no Actors Studio en 1967.
Nos anos sesenta participou en varias series de televisión, pero a popularidade chegoulle nos anos setenta con filmes como A derradeira película ou The Exorcist. En 1974 gañou o Oscar á mellor actriz por Alicia xa non vive aquí, de Martin Scorsese.
A súa carreira seguiu entre o cinema, a televisión e o teatro, sendo unha das poucas actrices gañadoras do Oscar, Emmy e Tony.
En 2006 foi a protagonista involuntaria dunha polémica ao ser candidata ao Emmy polo telefilme Mrs. Harris, no que o seu papel duraba 14 segundos e só tiña 38 palabras.
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ellen Burstyn ![]() |
Ligazóns externas
- Ellen Burstyn na IMDb (en inglés).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads